GALEGAS 2016

Organizamos un coloquio-exposición para presentar as nosas propostas sobre igualdade

Igualdade para #UnTempoNovo
Igualdade para #UnTempoNovo

O BNG organiza un encontro que co titulo Igualdade para #UnTempoNovo pretende por en común coas participantes as súas propostas sobre igualdade e feminismo.

Organizamos un coloquio-exposición para presentar as nosas propostas sobre igualdade

Betanzos, 5 de setembro de 2016. O BNG organiza un encontro que co titulo Igualdade para #UnTempoNovo pretende por en común coas participantes as súas propostas sobre igualdade e feminismo. O acto terá lugar o vindeiro mércores 7 de maio na libraría Biblos, en Betanzos, e contará coa presenza de María Xosé Bravo e Vitoria Louro, candidatas do BNG pola circunscrición da Coruña.


Ademais das intervencións políticas haberá unha exposición fotográfica sobre o papel e o uso da imaxe das mulleres na publicidade e nos medios de comunicación. “As mulleres non poden ser un reclamo máis” indican as nacionalistas, que consideran que “é hora de avanzarmos como sociedade e poñer fin a imaxes que reproducen os peores estereotipos sexistas”.


A mostra servirá de contrapunto para presentar as propostas en igualdade das nacionalistas, e para celebrar un coloquio coas candidatas.

Organizamos un coloquio-exposición para presentar as nosas propostas sobre igualdade