O BNG lamentou que a Xunta non actuara para evitar o peche de Emesa

Imaxe de arquivo da nave de Emesa no polígono de Coirós
Imaxe de arquivo da nave de Emesa no polígono de Coirós

“O BNG trasladou a través do seu deputado, Mini Rivas, unha iniciativa no pasado mes de febreiro advertindo da necesidade da intervención da Xunta de Galiza para garantir os postos de traballo e a continuidade na empresa que nos últimos anos ten recibido catro millóns de euros en axudas públicas

“O noso País e a nosa comarca están nun “claro declive industrial e cun  aumento de empresas en crise que é anterior á pandeima da Covid- 19, pero que se viu agravada con esta, e o goberno galego en lugar de intermediar e actuar para manter os postos de traballo, ponse de lado e non fai nada”

O BNG lamentou que a Xunta non actuara para evitar o peche de Emesa

Betanzos, 10 de decembro de 2020. O BNG lamentou o anuncio de peche de Emesa que se fixo público no día de hoxe. “Trasladamos a situación gravísima na que se encontraba esta empresa, da que aínda a día de hoxe dependen 75 postos de traballo directos na nosa comarca, ao Parlamento e aos Plenos dos concellos varias veces nos últimos anos e a pesar do apoio aos traballadores a Xunta púxose de lado e non fixo nada para evitar o peche”, explicou a responsábel comarcal do BNG, Cristina López. 

“O BNG trasladou a través do seu deputado, Mini Rivas, unha iniciativa no pasado mes de febreiro advertindo da necesidade da intervención da Xunta de Galiza para garantir os postos de traballo e a continuidade na empresa que nos últimos anos ten recibido catro millóns de euros en axudas públicas”, engadiu a responsábel do BNG.

“O noso País e a nosa comarca están nun “claro declive industrial e cun  aumento de empresas en crise que é anterior á pandeima da Covid- 19, pero que se viu agravada con esta, e o goberno galego en lugar de intermediar e actuar para manter os postos de traballo, ponse de lado e non fai nada”. Para a responsábel do BNG, “trátase dun exemplo máis do fracaso da política industrial dunha década do PP na Xunta de Galiza que nos deixa menos emprego, menos industria e polo tanto máis desemprego e máis pobreza”. 

“Co peche de Emesa o polígono industrial de Coirós queda case baleiro, e a actividade industrial na comarca cada vez é máis escasa. Precisamos unha Lei galega para a xestión dos parques empresarias  coa inclusión  de xuntas de conservación e garantindo os servizos ás empresas así como a presentación de iniciativas para a reforma da Lei estatal de Segunda oportunidade”, concluíu Cristina López. 

O BNG lamentou que a Xunta non actuara para evitar o peche de Emesa