O BNG lamentou que os orzamentos que ven de aprobar o goberno do Estado non recollan ningunha das necesidades da comarca das Mariñas

Ponte do Pedrido na Ría de Betanzos
Ponte do Pedrido na Ría de Betanzos

“Desde o BNG presentamos emendas a estes orzamentos para que se recollesen no orzamento necesidades fundamentais da nosa comarca que vimos demandando desde hai décadas como a rexeneración ecolóxica da Ría de Betanzos ou o by-pass na liña de tren entre A Coruña e Ferrol, para o que só reservan uns claramente insuficientes 120 mil euros para un proxecto valorado en entre 20 e 40 millóns de euros e ningunha destas emendas foi tida en conta”

“Dependendo de quen goberne PP, PSOE e Podemos votan aquí unha cousa e outra en Madrid, só o BNG se mantén firme na defensa dos intereses do noso País e da nosa comarca”

O BNG lamentou que os orzamentos que ven de aprobar o goberno do Estado non recollan ningunha das necesidades da comarca das Mariñas

Betanzos, 4 de decembro de 2020. O BNG lamentou que os orzamentos que ven de aprobar o goberno do Estado non recollan ningunha das necesidades de Betanzos e da comarca. “Desde o BNG presentamos emendas a estes orzamentos para que se recollesen no orzamento necesidades fundamentais da nosa comarca que vimos demandando desde hai décadas como a rexeneración ecolóxica da Ría de Betanzos ou o by-pass na liña de tren entre A Coruña e Ferrol, para o que só reservan uns claramente insuficientes 120 mil euros para un proxecto valorado en entre 20 e 40 millóns de euros e ningunha destas emendas foi tida en conta”, explicou a responsábel comarcal do BNG, Cristina López. 

“Parécenos lamentábel que os mesmos que criticaban que estes investimentos, fundamentais e longamente demandados na nosa comarca, non aparecesen nos orzamentos aprobados polo PP agora voten o contrario e non apoien as mesmas demandas que o PSOE de Betanzos apoiou no Pleno en resposta a unha moción do BNG”, engadiu. “Estamos fartas de ver como pasan anos e mesmo décadas e ningunha das nosas necesidades se ten en conta, como as imprescindíbeis obras de seguridade viaria na N-VI no cruce de Queirís en Coirós, no cruce de Guísamo coa estrada de Ferrol en Bergondo ou a pasarela para atravesar a estrada diante do centro de capacitación agraria no Espiritu Santo, tamén en Bergondo. 

“Dependendo de quen goberne PP, PSOE e Podemos votan aquí unha cousa e outra en Madrid, só o BNG se mantén firme na defensa dos intereses do noso País e da nosa comarca”, indicou López. “É lamentábel ver como o PSOE, que hai escasas semanas publicitou en Betanzos que o goberno do Estado tiña un compromiso para acondicionar as estradas N-VI e N-651 antes de cedelas a titularidade municipal, vote en contra en Madrid dunha emenda do BNG que recollía precisamente iso”. 

As emendas do BNG, valoradas en 18 millóns de euros para As Mariñas, recollían tamén o soterramento da liña ferrea en Oza-Cesuras que provoca múltiples problemas de seguridade viaria ou que se valore colocar barreiras sonoras para paliar as molestias á veciñanza en Mariñán. “A isto é ao que PSOE e Podemos se negan a apoiar, demandas que non supoñen un enorme investimento pero que serían moi importantes para a veciñanza dos nosos concellos. Non están prexudicando có seu voto ao BNG senón á veciñanza das Mariñas e ao noso País”, concluíu Cristina López. 

O BNG lamentou que os orzamentos que ven de aprobar o goberno do Estado non recollan ningunha das necesidades da comarca das Mariñas