O BNG inclúe as inundacións na Ribeira en Betanzos nas súas emendas aos Orzamentos do Estado

O barrio da Ribeira en Betanzos nas últimas inundacións

O BNG presentou as súas emendas aos orzamentos do Estado para a nosa comarca. Os nacionalistas reclamaron melloras na seguridade viaria na estrada N VI ao seu paso pola nosa comarca nos concellos de Aranga, Coirós, Betanzos e Bergondo.

O BNG inclúe as inundacións na Ribeira en Betanzos nas súas emendas aos Orzamentos do Estado

Betanzos, 1 de novembro de 2014. O BNG presentou as súas emendas aos orzamentos do Estado para a nosa comarca. Os nacionalistas reclamaron melloras na seguridade viaria na estrada N VI ao seu paso pola nosa comarca nos concellos de Aranga, Coirós, Betanzos e Bergondo.

“Na nosa comarca hai varios puntos negros en canto á seguridade viaria nesta carretera de competencial estatal nos que levamos anos insistindo”, explicou a Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas. “No concello de Bergondo ao seu paso por Cortiñan, que aínda despois do último pintado segue a ser un punto moi perigoso, ou tamén en Bergondo no Espiritu Santo onde o Ministerio de Fomento prometera unha pasarela peonil no ano 2010 despois de varios atropellos mais parece que se esqueceu do tema”.

“Tamén en Bergondo pensamos que sería importante remodelar o cruce da N-VI coa N-651 en Guísamo, xa que é un cruce moi transitado e cun deseño pouco claro que o fai moi perigoso”, indicou López.

“Reclamamos tamén melloras na seguridade viaria nas estradas N VI e N 651, ao seu paso por Bergondo e Betanzos”

No Concello de Betanzos as deputadas nacionalistas exixiran tamén varias obras para garantir a seguridade viaria nestas dúas estradas estatais. “Nun punto negro no noso Concello como é a N-VI na Angustia e tamén no tramo urbano da N-651 en Saavedra Meneses”, indicou o voceiro do BNG en Betanzos Henrique del Río.

“Tamén exiximos que se estuden e se tomen diferentes medidas para impedir as inundacións no barrio da Ribeira. Polo que nos trasladaron os veciños e veciñas, que se limpase o cauce do Río podería mellorar bastante a situación e non se trata dunha actuación demasiado custosa”, explicou o voceiro nacionalista. “Ademais sabemos que hai algún proxecto xa redactado sobre posíbeis solucións para a Ribeira que entendemos que se debera explicar a veciñanza en que consiste para que poidan opinar, xa que son eles os que viven o problema en primeira persoa”.

As nacionalistas reclamaron tamén una partida xenérica para a corrección de sinalización con toponimia galega deturpada en todas as vías de titularidade estatal.

Melloras na articulación ferroviaria na comarca

Desde o BNG volveron a reclamar o estudo dun ‘Plan para a implantación dos servizos de cercanías en Galiza’, que “na nosa comarca sería un transporte público moi cómodo e de calidade xa que temos liñas ferroviarias que atravesan toda a comarca pero carecen de frecuencias para que poidan ser utilizadas como transporte habitual”.

Desde o BNG volveron a reclamar o estudo dun ‘Plan para a implantación dos servizos de cercanías en Galiza’.

Ademais de mellorar o servizo e as frecuencias para que poida ser utilizado como transporte habitual na nosa comarca pensamos que é necesario investir nunhas infraestruturas adecuadas por iso, insistimos na necesidade do By-Pass en Infesta que acurtaría os tempos de viaxe”, explicou Del Río.

O BNG inclúe as inundacións na Ribeira en Betanzos nas súas emendas aos Orzamentos do Estado