O BNG exixe a fomento a adopción de medidas para solucionar os problemas de seguridade vial na N-VI

O BNG exixe a fomento a adopción de medidas para solucionar os problemas de seguridade vial na N-VI

Bergondo, 22 Maio 2013. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha pregunta por escrito na Cámara para demandar ao Ministerio de Fomento que canto antes mellore a seguridade vial na N-VI ao seu paso por Cortiñán e Raxá (A Coruña).

Precisamente, lembra a deputada do BNG, a semana pasada rexistrouse outro accidente nese punto. Rosana Pérez pón de manifesto que o BNG se dirixiu a Fomento en varias ocasións sobre o problema de seguridade vial que presenta a N-VI nesta zona.

“Os veciños e veciñas de Cortiñán recolleron sinaturas e presentaron no Ministerio un escrito solicitando unha serie de melloras”, que a deputada nacionalista traslada a Fomento.

Medidas sinxelas que poden salvar vidas

Trataríase dunha serie de sinxelas medidas que non teñen grande custe: a modificación da pintura da calzada de xeito que quede un único carril en cada sentido, xa que os carrís de servizo empioran significativamente o problema da inseguridade vial.

Outra das demandas é que se faga máis ancho o carril de incorporación á N-VI desde a estrada CP-015, que enlaza Cortiñán con Montellos, debido a que os camións invaden as beiras rúas pola estreitez do vial. A última das peticións dos veciños é a mellora da sinalización no tramo do lugar de A Fraga porque está moi mal indicado. Por último, sería preciso que se instalasen pasos elevados para peóns.

A deputada do BNG afirma que “levamos anos pedindo a Fomento que arranxe os problemas de seguridade vial na N-VI onde se producen moitos sinistros”.

Rosana Pérez traslada ao Ministerio as peticións dos veciños da zona e lembra que a semana pasada se produciu un accidente nese punto

Razóns polas que dirixe ao Ministerio unha serie de preguntas: “Qué disposición ten o Ministerio a adoptar as medidas que plantexan os veciños de Cortiñán e Raxá? Non considera que se trata de medidas moi sinxelas e de baixo custe que terían efectos moi positivos na circulación de tráfico? Que previsións manexa Fomento para solucionar os problemas de seguridade vial na zona?”.

O BNG exixe a fomento a adopción de medidas para solucionar os problemas de seguridade vial na N-VI