O BNG emendou os orzamentos da Xunta para convertir o novo aulario nun colexio independente

Concentración da comunidade escolar o pasado setembro pedindo un colexio independente e non un aulario

O BNG presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta para transformar o novo aulario co CEIP Vales Villamarín nun centro escolar independente. Os nacionalistas reclaman que a Xunta destine 180 000 euros aos gastos de persoal necesarios para separar ambos centros e permitir que o Vales Villamarín quede definitivamente desmasificado.

O BNG emendou os orzamentos da Xunta para convertir o novo aulario nun colexio independente

Betanzos, 22 de novembro de 2014. O BNG presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta para transformar o novo aulario co CEIP Vales Villamarín nun centro escolar independente. Os nacionalistas reclaman que a Xunta destine 180 000 euros aos gastos de persoal necesarios para separar ambos centros e permitir que o Vales Villamarín quede definitivamente desmasificado.

Esta emenda foi un compromiso adquirido polo portavoz do BNG no Parlamento de Galiza, Francisco Jorquera, coa comunidade escolar o pasado verán. “Trátase de que se cumpra o anuncio feito pola propia Xunta de abrir un colexio de educación infantil en Betanzos”, indica o voceiro dos nacionalistas na localidade, Henrique del Río.

Ademais, o BNG presentou outra emenda destinada á mellora e gratuidade dos comedores escolares dos centros públicos. A proposta comprende varias comarcas, entre elas a das Mariñas. Os nacionalistas reclaman á Xunta que destine tres millóns de euros a garantir o acceso universal aos comedores escolares e a calidade dos menús dispensados.

Os nacionalistas reclaman á Xunta que destine tres millóns de euros a garantir o acceso universal aos comedores escolares e a calidade dos menús dispensados.

“Está habendo problemas en moitos colexios desde que se instaurou o copago nos comedores escolares, por exemplo en Bergondo no CEIP Cruz do Sar, e desde o BNG demandamos que se adiquen fondos a garantir a gratuídade deste servizo”,  explicou Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas.

Mellora do servizo de pediatría na comarca

O Bloque presentou tamén unha emenda ás contas da Xunta para destinar 100 000 euros á mellora no servizo de pediatría na comarca das Mariñas. “É xa o segundo orzamento no reclamamos mais fondos para pediatras na nosa comarca, dada a deficiente calidade do servizo, con nais e pais que se ven obrigados a trasladarse a outros concellos ou á Coruña para que se lles proporcione atención sanitaria ás súas crianzas”, explicou a responsábel.

O Bloque presentou tamén unha emenda ás contas da Xunta para destinar 100 000 euros á mellora no servizo de pediatría na comarca das Mariñas.

O BNG xa reclamara no Parlamento solución aos recortes e eivas neste servizo tanto no centro de saúde de Betanzos como nos dos municipios do interior da comarca.

Plan de fomento do emprego

“Tamén reclamamos un investimento en creación de emprego nas comarcas coa taxa de desemprego máis altas entre as que se encontra a nosa”, indicou Cristina López. “Sería unha partida de 8 millóns de euros para todas estas comarcas. Trátase dun grande investimento pero entendemos que é fundamental para intentar dinamizar e crear emprego e, polo tanto, asentar poboación nas Mariñas”.

“Reclamamos tamén un investimento de 8 millóns de euros en creación de emprego nas comarcas con maior taxa de desemprego entre as que se encontra As Mariñas”

 

O BNG emendou os orzamentos da Xunta para convertir o novo aulario nun colexio independente