O BNG emenda os orzamentos do Estado para seguridade viaria, tren de cercanías e recuperación da Ría

O BNG fixo públicas as súas emendas aos Orzamentos do Estado para as Mariñas. As nacionalistas volveron reclamar melloras na seguridade viaria na estrada N VI ao seu paso pola nosa comarca nos concellos de Aranga, Coirós, Betanzos e Bergondo.

O BNG emenda os orzamentos do Estado para seguridade viaria, tren de cercanías e recuperación da Ría

Betanzos, 2 de setembro de 2015. O BNG fixo públicas as súas emendas aos Orzamentos do Estado para as Mariñas. As nacionalistas volveron reclamar melloras na seguridade viaria na estrada N VI ao seu paso pola nosa comarca nos concellos de Aranga, Coirós, Betanzos e Bergondo.

“Na nosa comarca hai varios puntos negros en canto á seguridade viaria nesta carretera de competencial estatal nos que levamos anos insistindo”, explicou a Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas. “No concello de Bergondo ao seu paso por Cortiñan, que aínda despois do último pintado segue a ser un punto moi perigoso, ou tamén en Bergondo no Espiritu Santo onde o Ministerio de Fomento prometera unha pasarela peonil no ano 2010 despois de varios atropellos mais parece que se esqueceu do tema”.

“Tamén en Bergondo pensamos que sería importante remodelar o cruce da N-VI coa N-651, o cruce coa estrada de Ferrol, en Guísamo, xa que é un cruce moi transitado e cun deseño pouco claro que o fai moi perigoso”, indicou López.

Rexeneración ecolóxica da Ría de Betanzos

Desde o BNG, pediron que se incluirá nos orzamentos do Estado unha partida para a rexeneración da costa degradada da Ría de Betanzos que afectaría concretamente aos Concellos de Betanzos, Bergondo, Paderne e Miño. “Os orzamentos do Estado non contemplan ningún investimento para a rexeneración da ría de Betanzos, o que nos levou a presentar unha enmenda reclamando 400 mil euros para iniciar os traballos de recuperación do estuario do Mandeo”, explicou a responsábel do BNG das Mariñas.

Implantación tren de cercanías

Desde o BNG volveron a reclamar o estudo dun ‘Plan para a implantación dos servizos de cercanías en Galiza’, que “na nosa comarca sería un transporte público moi cómodo e de calidade xa que temos liñas ferroviarias que atravesan toda a comarca pero carecen de frecuencias para que poidan ser utilizadas como transporte habitual”.

“Ademais de mellorar o servizo e as frecuencias para que poida ser utilizado como transporte habitual na nosa comarca pensamos que é necesario investir nunhas infraestruturas adecuadas por iso, insistimos na necesidade do By-Pass en Infesta que acurtaría os tempos de viaxe”, explicou Cristina López.

O BNG emenda os orzamentos do Estado para seguridade viaria, tren de cercanías e recuperación da Ría