O BNG denuncia que a obra sen licenza do clube de tenis afecta ao terreo de protección da Ría

O BNG denuncia que a obra sen licenza do clube de tenis afecta ao terreo de protección da Ría

“A pesar do desmonte e do movemento de terras contrario aos usos permitidos na lei do solo de Galiza nin Xunta nin Concello fixeron absolutamente nada para parar esta obra e protexer o entorno da ría”

Bergondo, 16 de abril de 2013. O BNG exixiu ao goberno local que aclare porque a día de hoxe permite que continúen as obras de ampliación do Clube de tenis A Pedralba, que non contan con licenza municipal. “Segundo fixo público o propio goberno local do PSOE e VB estas obras foron paralizadas no mes de novembro de 2011, sen embargo “calquera que pase por alí pode ver que as obras están en marcha”.

A parcela na que se están desenvolvendo os traballos é solo rústico de especial protección de augas, xa que se atopa nas inmediacións da ría de Betanzos, protexida como Lugar de Interese Comunitario (LIC). Trátase dun escándalo urbanístico xa que esta obra conleva a beira da ría movementos de terras, escavacións, recheos, pavimentación con alteración da rasante natural do terreo, a construción de muros de contención de formigón armado e de bloques de formigón, de dúas pistas de tenis e outras dúas de pádel. Tamén se inclúen os peches das pistas deportivas.

“A pesar do desmonte e do movemento de terras contrario aos usos permitidos na lei do solo de Galiza nin Xunta nin Concello fixeron absolutamente nada para parar esta obra e protexer o entorno da ría”.Por este motivo desde o BNG reclaman ao goberno local que paralice as obras de inmediato.

"Nin Xunta nin Concello fixeron absolutamente nada para parar esta obra e protexer o entorno da ría”

O goberno local asegurou en decembro de 2011 que estaba agardando resposta da Xunta (Axencia de Protección da legalidade urbanística) sobre este asunto. “Dado que o concello non actuou entendemos que non chegou a resposta”, explicaron desde o BNG, “deben de estar agardando a que as obras estean rematadas para actuar”, ironizan.

“O que xa resulta escandaloso é que o PP desde a Deputación inxecte cartos públicos a unha entidade que, como calquera pode ver, está facendo unha obra ilegal”, criticaron, “non sabemos que intereses está defendendo o Partido Popular á vista das súas actuacións”.

O BNG denuncia que a obra sen licenza do clube de tenis afecta ao terreo de protección da Ría