O BNG das Mariñas renovou onte o seu Consello

O novo Consello das Mariñas
O novo Consello das Mariñas

O BNG das Mariñas elixiu hoxe a súa nova dirección dentro do proceso da XV Asemblea Nacional. A responsábel continuará sendo Cristina López e o grupo contará cun 30% de renovación na dirección política.

O BNG das Mariñas renovou onte o seu Consello

Betanzos, 13 de marzo de 2016. O BNG das Mariñas elixiu hoxe a súa nova dirección dentro do proceso da XV Asemblea Nacional. A responsábel continuará sendo Cristina López e o grupo contará cun 30% de renovación na dirección política.

O Consello das Mariñas recollerá o mandato da Asemblea Nacional de fomentar os debates de cara á refundación do BNG, renovar o discurso e resintonizar coa base social do nacionalismo. Acompañan a Cristina López no grupo de dirección, Henrique del Río, Henrique Abraira, Pura Ferreño, David Carro, Estefanía Busto, Adrián Laxe, María Bonome, Victor Souza e Xesús Domenech.

Cristina López: “O BNG está vivindo un momento complicado mais asumímolo como unha oportunidade. Prometemos moito traballo e ilusión para facer ao BNG útil para os veciños e veciñas”

“O BNG está vivindo un momento complicado mais asumímolo como unha oportunidade de falar e escoitar á veciñanza a empezar pola nosa base social e prometemos moito traballo e ilusión para facer ao BNG útil para os veciños e veciñas”, explicou Cristina López, “queremos que o BNG sexa imprescindíbel para os cambios políticos que precisamos nos concellos da nosa comarca”.