O BNG chama a configurar desde a base unha alternativa nacionalista e de esquerdas

O BNG anunciou a súa proposta de asembleas abertas nos concellos das Mariñas co obxectivo de aglutinar o nacionalismo desde a base e “conformar unha alternativa para desaloxar do poder a PP e PSOE, que son dúas caras das mesmas políticas en contra das maiorías sociais”.

O BNG chama a configurar desde a base unha alternativa nacionalista e de esquerdas

Betanzos, 30 de xullo de 2014. O BNG anunciou a súa proposta de asembleas abertas nos concellos das Mariñas co obxectivo de aglutinar o nacionalismo desde a base e “conformar unha alternativa para desaloxar do poder a PP e PSOE, que son dúas caras das mesmas políticas en contra das maiorías sociais”. As asembleas serán a primeiros de setembro e teñen como obxectivo configurar unha alternativa claramente nacionalista e de esquerdas. “Para iso contamos con todas as persoas que queren a este país”, explican desde o BNG.

Facemos un chamamento a todas as persoas boas e xenerosas para deseñar conxuntamente unha alternativa nacionalista e de esquerdas para os concellos das Mariñas

A responsábel do BNG na comarca das Mariñas, Cristina López, asegurou que “o BNG defende os acordos desde as bases para buscar a unidade do nacionalismo”. “Buscamos o entendemento desde a base, a pé de rúa, non en xuntanzas de despacho nin acordos desde cúpulas”, engadiu.

“Facemos un chamamento a todas as persoas boas e xenerosas para deseñar conxuntamente unha alternativa nacionalista e de esquerdas para os concellos das Mariñas” engadiu. “Estamos abertos a falar con quen sexa pero os acordos serán nas bases en asembleas abertas porque o momento require a participacion de todas”, explica.

Aspiramos a conformar unha alternativa nacionalista e de esquerdas para desaloxar do poder a PP e PSOE, que son dúas caras das mesmas políticas en contra das maiorías sociais

Desde o BNG entenden que esa unidade “non só é para montar unha candidatura unitaria, senón para recadar propostas políticas para configurar unah alternativa real ás políticas do PSOE e o PP nos concellos”. “Estas asembleas abertas teñen que ser moito máis que simplemente un debate de nomes, ten que ser sobre todo un debate de ideas que fortaleza unha alternativa ao bipartidismo”, explican desde o BNG.

Para chegar a bo porto a iniciativa, desde o BNG engaden que un proceso ambicioso como este require de xenerosidade e altura de miras por parte dos participantes. Neste sentido, piden a outras organizacións da esquerda nacionalista altura de miras “para dar unha alternativa real á xente e para desaloxar ao PSOE e o PP dos gobernos da comarca”.

O BNG chama a configurar desde a base unha alternativa nacionalista e de esquerdas