O BNG anima a mercar no comercio local e produto galego para contribuír á reactivación económica

Mercedes Queixas visitou  Betanzos para presentar a campaña do BNG Mellor local, mellor galego para a animar a  consumir produto galego e mercar no comercio de proximidade

O BNG anima a mercar no comercio local e produto galego para contribuír á reactivación económica

Santiago de Compostela, 12 de decembro, 2020.-  A deputada do BNG pola Coruña, Mercedes Queixas, acompañada de cargos institucionais e membros do BNG de Betanzos e comarca, visitou diversos establecementos comerciais para presentar a campaña Mellor local, mellor galego animando á cidadanía a mercar producto galego e no comercio de proximidade.

A nacionalista afirmou que con esta opción de compra local “contribímos a reactivar a economía dun sector que xera miles de postos de traballo e ten un efecto dinamizador nas vilas e cidadades. Na última crise financeira, dixo, o sector perdeu 3.500 comercios en  Galiza, supón o 13% do emprego e o 14% do PIB.

O comercio local ofrece calidade, trato personalizado e un produto coidado e diferente 

O BNG anima a comprar produto producido aquí e vendido  no comercio local todo o ano, pero especialmente nestas datas  e nestes tempos de pandemia,  queremos facer un chamamento a consumir produto galego e facelo no comercio local, “apostar polo noso, optando por comprar nos mercados, feiras e prazas de abastos, na tenda de barrio, nesa de toda a vida”, recalcou a deputada do BNG.

Aínda no contexto COVID, estamos nuns días nos  que o consumo medra porque é momento de agasallos, de comidas coa familia, -aínda dentro das limitacións-, e o BNG convida a apostar por poñer na mesa os produtos do país, produtos de calidade extraordinaria, do mar e da terra, ou agasallar botando man da gran creatividade da artesanía, xoguetes, música, literatura, cine, moda, etc.

 “Apostemos pola sustentabilidade, polo próximo, polo local porque tamén é a mellor maneira de contribuír e apoiar neste momento de crise  a  un comercio de gran calidade”, concluíu Queixas.

O BNG anima a mercar no comercio local e produto galego para contribuír á reactivación económica