" A solución é non urbanizar Monte Piñeiro e modificar o PXOM para reservalo como solo rústico"

“Non podemos repetir erros do pasado, o solo urbanizábel R3, Monte Piñeiro debe reclasificarse en solo rústico. Non fai falta gastar 5.000 € nunha auditoría para buscar a solución máis axeitada, basta con antepoñer os intereses da veciñanza aos dos especuladores”

" A solución é non urbanizar Monte Piñeiro e modificar o PXOM para reservalo como solo rústico"

Miño, 16 de novembro de 2016. Despois de que se fixera público que o alcalde contratou ao seu avogado para asesoralo sobre Monte Piñeiro, o BNG insistiu en que a única solución é renunciar a urbanizalo e modificar o PXOM para reservalo como solo rústico. “Non podemos repetir erros do pasado, o solo urbanizábel R3, Monte Piñeiro debe reclasificarse en solo rústico. Non fai falta gastar 5.000 € nunha auditoría para buscar a solución máis axeitada, basta con antepoñer os intereses da veciñanza aos dos especuladores”, explicou a portavoz do BNG-AA de Miño, Olalla Barro.

“Dende o BNG, presentamos unha alegación á modificación do PXOM pedindo que se incluíse Monte Piñeiro na recalificación prevista de solo urbanizábel en rústico, mais nin tan sequera recibimos resposta da Xunta a esta proposta”, engadiu a portavoz nacionalista, “seguimos pensando que a única solución para non seguir prexudicando á veciñanza e renunciar a esta macrourbanización e reservar Monte Piñeiro como espazo natural”. 

“Non podemos repetir erros do pasado, o solo urbanizábel R3, Monte Piñeiro debe reclasificarse en solo rústico. Non fai falta gastar 5.000 € nunha auditoría para buscar a solución máis axeitada, basta con antepoñer os intereses da veciñanza aos dos especuladores”

“A urbanización Monte Piñeiro de levarse a cabo suporía a construción de 750 vivendas, nun concello con centos de vivendas paralizadas e un 40% de vivendas baleiras, dende o interese público está totalmente inxustificado o seu desenvolvemento urbanístico”, informou Barro. “O desenvolvemento deste ámbito incumpriría a Lei de Costas porque a edificabilidade deste ámbito triplica a media do PXOM de Miño e incumpre tamén o artigo 43 do Plan de Ordenación do Litoral, porque empeora claramente a paisaxe e non favorece o desenvolvemento sostible”.

“Ademais, as dúas estacións depuradoras de augas residuais do Concello de Miño teñen seriamente comprometida a súa capacidade, sobre todo na época estival debido ao incremento de poboación, tal e como confirman os resultados das analíticas da Consellería, polo que non poderían tratar axeitadamente o caudal correspondente a máis de 700 vivendas”, indicou Barro.

“Miño forma parte da reserva da biosfera ‘Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo’, dado que esta reserva ten aprobado un Plan de Xestión (2013-2017), as actuacións sobre o entorno deben ir en especial encamiñadas á conservación dos recursos naturais e esta urbanización suporía a eliminación da única masa forestal do ámbito urbano de Miño e tería un forte impacto ambiental sobre a Marisma do Baxoi”, concluíu a portavoz do BNG. 

" A solución é non urbanizar Monte Piñeiro e modificar o PXOM para reservalo como solo rústico"