Reclamamos do goberno local que se reúna cos hostaleiros e o pequeno comercio para informar sobre as normas que entran en vigor este luns e a súa aplicación

Terraza desmontada. Imaxe de arquivo
Terraza desmontada. Imaxe de arquivo

“En Miño o sector da hostalería e o pequeno comercio son o motor económico da nosa vila , é por iso que neste momento tan delicado onde levan máis de 50 días pechados, é necesario prestarlles por parte do concello todo o apoio posible para informalos das novas normas e a súa aplicación”

Reclamamos do goberno local que se reúna cos hostaleiros e o pequeno comercio para informar sobre as normas que entran en vigor este luns e a súa aplicación

Miño, 11 de maio de 2020. O BNG de Miño reclama que o Concello de Miño, ben a través do seu alcalde ou da Concellería de Turismo, se reúna o antes posible cos representantes dos hostaleiros e do pequeno comercio para podelos asesorar sobre as novas normas e medidas que deberán aplicar a partir deste luns coa entrada na seguinte fase da “desescalada”.

As nacionalistas de Miño lembran que “ o sector da hostalería é fundamental nun concello como o noso onde o turismo é o motor principal da nosa economía”.

Neste sentido destacan que noutros concellos xa se está realizando este asesoramento. Ademais os concellos teñen potestade para permitir que os bares e restaurantes poidan incrementar a superficie dedicada  a terrazas e o número de mesas, sempre que se incremente tamén o espazo peonil e se garden e respecten as medidas hixiénico sanitarias establecidas pola nova normativa.

Desde O BNG instamos o goberno do PSOE e o seu alcalde Manuel Faraldo que tomen nota das reclamacións dos hostaleiros e do momento tan delicado que están a atravesar e se poñan a súa disposición para facilitar no posible a adaptación e a  posta  en marcha desta nova etapa que empeza este luns.

Reclamamos do goberno local que se reúna cos hostaleiros e o pequeno comercio para informar sobre as normas que entran en vigor este luns e a súa aplicación