Presentamos alegacións á modificación da ordenanza da ORA

O BNG presentou hoxe as súas alegacións á modificación da ordenanza fiscal número 25 sobre o pago da ORA no Concello de Miño.

Presentamos alegacións á modificación da ordenanza da ORA

Miño, 10 de xullo de 2017. O BNG presentou hoxe as súas alegacións á modificación da ordenanza fiscal número 25 sobre o pago da ORA no Concello de Miño. “A fiscalidade relativa á zona azul da ORA é inxusta desde o punto de vista social, posto que non atende á capacidade económica de quen se ve na necesidade de estacionar nesta zona”, explicou a portavoz nacionalista, Olalla Barro. “Ademais é tamén inxusta sobre todo no caso de aparcamento no “triangulo” na rúa Extremeiro (DP4803, entre os quilómetros 0 e 1), xa que o custo do aparcamento é o mesmo independentemente do tempo que estea o vehículo aparcado de maneira que pagarían 4 euros os turismos e 15 euros os autobuses, o cal é a todas luces inxusto porque na mesma praza poderían aparcar 30 vehículos ao longo do día ou ningún”.

“O informe da interventora prevé que este sistema xere perdas de aproximadamente 10 mil euros cada ano”, criticou a portavoz nacionalista, “non ten sentido establecer unha taxa que vai provocar perdas ao concello. Se o que se pretende e garantir a rotación de vehículos non ten sentido cobrar por día completo de aparcamento e se o que se pretende e recadar tampouco é lóxico, ademais de ir en contra do artigo 24 do TRLRFL, xa que vai provocar perdas a un concello xa moi endebedado por un servizo que ademais non é un servizo básico que o concello estea obrigado a prestar”.

Desde o BNG alegaron tamén que a modificación ordenanza prevé a súa entrada en vigor o día 1 de xullo cando o período de información pública remata aínda o vindeiro día 10 e polo tanto non pode entrar en vigor até que se encontre aprobada definitivamente. “Por todo isto, pedimos a derrogación desta ordenanza que non soluciona ningún dos problemas da veciñanza e vai agravar os problemas económicos do Concello”, concluíu Barro.

Presentamos alegacións á modificación da ordenanza da ORA