Pedimos mellorar a seguridade viaria na estrada da praia Grande

O BNG-AA pediu ao goberno local que solicite medidas de seguridade viaria na estrada da praia de Miño. “A veciñanza trasladounos a súa preocupación polos problemas de seguridade viaria na estrada da praia, concretamente no paso de peóns que está enfronte da caseta de turismo, que é o que utilizan as crianzas para acceder ao parque infantil”

Pedimos mellorar a seguridade viaria na estrada da praia Grande

Miño, 14 de decembro de 2016. O BNG-AA pediu ao goberno local que solicite medidas de seguridade viaria na estrada da praia de Miño. “A veciñanza trasladounos a súa preocupación polos problemas de seguridade viaria na estrada da praia, concretamente no paso de peóns que está enfronte da caseta de turismo, que é o que utilizan as crianzas para acceder ao parque infantil”, explicou a portavoz do BNG, Olalla Barro. “Pensamos que unha solución sinxela e económica sería elevar o paso de peóns para obrigar a reducir a velocidade dos coches, xa que existe o temor de que calquera día se produza un atropelo” indican.

“Pensamos que unha solución sinxela e económica sería elevar o paso de peóns para obrigar a reducir a velocidade dos coches, xa que existe o temor de que calquera día se produza un atropelo”

Os nacionalistas recordaron que o goberno local anunciara no verán que comezara as negociacións para que a Deputación lle transferira a titularidade da estrada e a instalación dunha pasarela de madeira entre a via e praia. “Pasaron 5 meses e non volvemos saber nada deste tema”, criticou a voceira do BNG-AA, “pensamos que é urxente buscar unha solución ao problema de seguridade viaria para evitar os riscos que se dan nesta estrada e polo tanto pedimos ao goberno local que reclame da Deputación da Coruña, titular da estrada, que actúe”, concluíu Olalla Barro.