Pedimos a demisión do alcalde de Miño, Ricardo Sánchez, despois da súa imputación

Concello de Miño
Concello de Miño

“Miño padece desde hai tres anos e medio un alcalde manifestamente incapaz que agora ademais foi imputado”. “Sánchez Oroza debería asumir que esta imputación é a guinda, a fin da súa carreira política”.

Pedimos a demisión do alcalde de Miño, Ricardo Sánchez, despois da súa imputación

Miño, 23 de febreiro. Na tarde de onte, 22 de febreiro, transcendía a citación do alcalde de Miño, Ricardo Sánchez Oroza, en calidade de investigado (figura xudicial que substitúe á de imputado) polas lesións sufridas por un operario municipal nun accidente laboral rexistrado no mes de agosto de 2016. Ante esta imputación, o BNG esixe a dimisión do alcalde. O alcalde, co apoio  do PP, xa manifestou a súa negativa a dimitir.

Desde o BNG manifestan que os feitos ocorridos “son graves”, dado que traballador sofre secuelas “irreversibles”, e entenden que a responsabilidade única debe recaer en Sánchez Oroza, dado que foi el quen tería dado a orde directa ao traballador de, segundo testemuñas presenciais, “a poda dunha árbore a catro metros de altura, fóra da súa xornada laboral e sen as medidas de protección necesarias a tal efecto”, precisan as nacionalistas.

Pola súa parte, o alcalde admite ter dado esa orde, pero nega calquera responsabilidade no accidente. A inspección de traballo considera que a “causa directa” do accidente laboral foi “que o equipo de traballo utilizado como medio auxiliar para os traballos non era o adecuado”. Sánchez Oroza nega responsabilidade e pese a recoñecer que pasou polo lugar dos feitos nega ter estado no momento en que caeron as “tres ramas” que el mandou cortar.

As nacionalistas cuestionan o proceder do alcalde, que tería encargado os labores, sempre segundo a Inspección de Traballo, a un funcionario interino sen formación para ese traballo e iso pesar de que o Concello, segundo o propio alcalde, ten contratada os servizos dunha empresa de prevención de riscos.

O BNG manifesta o estupor ante as declaracións do alcalde, que afirmou non ter “nin idea” sobre se a actividade  cuxa preparación motivou o sinistro tiña permiso para realizarse ese día.

“Para nós o feito é que traballador e a vítima deste suceso que estivo en coma, e que sofre secuelas permanentes  e que a súa vida viuse truncada polo que ocorreu ese dia e que posiblemente se podería haber evitado se se efectuara cas medidas de seguridade oportunas.

Para as nacionalistas, o goberno de Sánchez Oroza é sinónimo de desgraza: “Miño ten hoxe a maior débeda da Galiza e un goberno incapaz, co alcalde imputado por un delito de lesións”. O BNG considera que o alcalde debería asumir que a súa carreira política “chegou á súa fin”.