Un completo e ambicioso plan de sendeirismo, nova proposta do BNG

O sendeirismo pode ser unha importante fonte de emprego en varios ámbitos. Nese sentido, nós propomos a creación de novas rutas, traballos de mantemento e postosde emprego que aproveiten o potencial cultural e económico das mesmas”.

Un completo e ambicioso plan de sendeirismo, nova proposta do BNG

Aranga, 18 de marzo. O BNG vén de presentar as súas propostas en materia de turismo, no que supón unha decidida aposta por un “sendeirismo de calidade”. A formación nacionalista orientará a oferta turística de Aranga a afeccionados e afeccionadas que valoran a calidade das rutas e desenvolven a súa afección de xeito regular, de maneira que sirvan como auténticos prescriptores do patrimonio natural de Aranga, multiplicando o impacto da ofertaturística do concello logo da súa visita.

Só noso país existen máis de 5.000 persoas que apostan cada fin de semana por esta forma de ocio, persoas conscientes da necesidade de coidar o espazo polo que transitan, de manter en bo estado as instalacións e, polo tanto, auténticos vixilantes á par que usuarios destes camiños. Queremos que nos visiten e difundan a nosa riqueza, contribuíndo a activar a nosa economía”, afirma Carlos Díaz, candidato nacionalista á alcaldía.

Críticas ao estado das rutas

Desde o BNG lamentan a actual falta de infraestruturas hoteleiras ou de turismo rural en Aranga e defenden as grandes posibilidades deste tipo de turismo para dinamizar a hostalaría local e desenvolver novas propostas neste campo.

Non é de recibo a falta de mantemento das rutas, derivada da ausencia de previsión do goberno municipal. primeiro é programar unha limpeza periódica e renovar, onde for necesaria, a sinaléctica”.

Dada a grande oferta de rutas que existen no noso país, cómpre diferenciarse. Non abonda só cos excepcionais paisaxes que temos no concello. É imprescindible facer viable e atractiva a súa visita, dalos a coñecer e achegarlle aos visitantes a cumprida información para poder gozar o noso patrimonio nas mellores condicións posibles”, propoñen desde o BNG.

Un ambicioso plan de sendeirismo

Nese sentido, os nacionalistas propoñen un ambicioso plan de turismo asociado ás rutas que pretende, por un lado, crear un sendeirismo de calidade, que homologue, mellore e cree novas rutas e por outro, dinamice o turismo a través do mantemento e a organización de actividades arredor das rutas.

O primeiro paso do plan é a recuperación e acondicionamento das rutas existentes, paso previo á súa homologación.

É fundamental cambiar a sinaléctica, mellorar pasos e, sobre todo, acometer un programa sistemático de desbroce e mantemento das sendas. De nada serve ter uns bos trazados e lugares estupendos que visitar se os deixamos comestos polas silveiras e no esquecemento”, critica Díaz.

O seguinte paso, din no BNG, é a homologación das rutas que logrará a súa inclusión nos catálogos internacionais de excelencia neste campo.

A homologación das rutas permite empregar a sinaléctica internacional estandarizada, participar da rede de rutas que comparten as diferentes federacións de afeccionados a este deporte ou participar dos catálogos de Turismo da Xunta, garantindo en definitiva a máxima seguridade e confianza aos usuarios”, aseverou o candidato nacionalista.

Unha terceira vía do plan nacionalista pasa pola promoción das rutas, desenvolvendo un labor activo de promoción destes espazos:

Non abonda con ter un link agochado no web do Concello. As nosas rutas deben contar con folletos informativos impresos e dispoñibles en Internet eaproveitar o potencial das aplicacións para teléfonos móbiles. Poranse ademais carteis informativos sobre a oferta turística nos principais núcleos do concello, con elementos interactivos que permitan descargar toda a información sobre as rutas aos móbiles”, prometeu Díaz.

O grupo nacionalista quere convidar cada trimestre a un dos moitos colectivos de sendeiristas que existen no noso país, a percorrer algunhas das sendas. Ademais do percorrido, o BNG propón ofertar información sobre o concello en forma de folletos e elementos publicitarios, con visitas guiadas a algún dos múltiples atractivos patrimonaisi do concello, que desenvolverán en cada ocasión un encontro coa veciñanza no que se poderá compartir un refrixerio (magosto, empanada de millo de Aranga, froita, pan, queixo…) para que se convirta nun tempo de festa.

Neses espazos a veciñanza poderá compartir cos visitantes o noso coñecemento sobre as rutas e o territorio, transformando unha camiñada en toda unha experiencia que, de certo, ha ter un efecto multiplicador sobre as visitas, ao tempo que nos axudará dar coñecer o noso propio patrimonio desde novas perspectivas e contribuirá á dinamización da economía local”, afirma o candidato nacionalista.

O quinto punto do plan nacionalista pasa pola oferta complementaria de servizos e o desenvolvemento de instalacións de apoio, como poden ser agochos, espazos para descanso e comida que “contribuirán a potenciar a calidade das rutas, ao tempo que prestan tamén servizo aos veciños”, afirman desde o BNG.

Por último, os nacionalistas queren crear novas rutas, coa colaboración de técnicos en sendeirismo e en turismo, ampliando a medio prazo a oferta para atender as últimas tendencias neste campo.

As rutas sensoriais, temáticas, adaptadas a persoas con discapacidades, para percorrer con mascotas, de bicicleta, a cabalo ou noutras modalidades poden supor un motor de desenvolvemento de grande importancia para o noso concello”, asegurou Díaz.