O BNG reclama que se exixan responsabilidades patrimoniais ao goberno de Miño por Costa Miño Golf

O BNG de Miño exixiu ao goberno municipal da localidade que “asuma xa as súas responsabilidades” en Costa Miño Golf tras as últimas novas sobre a promotora inmobiliaria Fadesa.

O BNG reclama que se exixan responsabilidades patrimoniais ao goberno de Miño por Costa Miño Golf

Miño, 27 de febreiro de 2015. O BNG de Miño exixiu ao goberno municipal da localidade que “asuma xa as súas responsabilidades” en Costa Miño Golf tras as últimas novas sobre a promotora inmobiliaria Fadesa. As nacionalistas consideran que “o goberno local quedou só, en evidencia e xa non ten para onde escorrer o vulto da indemnización” pola expropiación dos terreos.

“A veciñanza ten dereito a cobrar, o Concello está condenado a pagar as expropiacións e, evidentemente, alguén terá que asumir as decisións que trouxeron ao noso municipio até aquí”, indican as nacionalistas. Neste sentido, máis alá de reiterar que “o goberno municipal do PP asuma as responsabilidades políticas de todo isto”, para o BNG “haberá que exixir que os causantes desta situación asuman co seu patrimonio persoal o resultado das súas accións”.

“A veciñanza ten dereito a cobrar, o Concello está condenado a pagar as expropiacións e, evidentemente, alguén terá que asumir as decisións que trouxeron ao noso municipio até aquí”.

“Non pode ser que un goberno pleitee en contra do seu pobo” insisten as nacionalistas, “e non pode ser que quen lle provocou unha condea como esta a unha vila como Miño saia indemne”. “A todos e cada un dos alcaldes que provocaron isto e a todas as representantes do PP que avalaron co seu voto esta operación hai que exixirlles responsabilidades patrimoniais por esta desfeita”, insisten.

Ademais, desde o BNG consideran que “a Xunta tampouco pode seguir a mirar para outro lado xa que é evidente que tamén ten responsabilidades en todo isto por permitir no seu día que fose adiante a macrourbanización e por non darlle solución antes”.

O BNG reclama que se exixan responsabilidades patrimoniais ao goberno de Miño por Costa Miño Golf