O BNG pediu ao goberno local que explique a que se debe que presente o orzamento do 2020 un mes antes de que remate o ano

Non lle vemos sentido a presentar un orzamento que vai entrar en vigor cando remate o seu ano. Un orzamento é unha previsión de gastos e ingresos, neste caso non hai previsión ningunha porque o gasto xa está realizado ou comprometido a estas alturas de ano”

Desde o BNG amosan a súa incredulidade con que o goberno local venda como algo positivo o incremento do orzamento en máis de 7 millóns de euros. “Non é bo en absoluto, porque non son ingresos adicionais para mellores servizos ou novas infraestruturas”

O BNG pediu ao goberno local que explique a que se debe que presente o orzamento do 2020 un mes antes de que remate o ano

Miño, 24 de novembro de 2020. O BNG pediu ao goberno local que explique a que se debe que presente o orzamento do 2020 un mes antes de que remate o ano. “Non lle vemos sentido a presentar un orzamento que vai entrar en vigor cando remate o seu ano. Un orzamento é unha previsión de gastos e ingresos, neste caso non hai previsión ningunha porque o gasto xa está realizado ou comprometido a estas alturas de ano”, explicou Henrique Abraira, portavoz do BNG de Miño. 

Os nacionalistas recordan que o goberno do PSOE xa é reincidente nesta falta de previsión. “Xa o ano pasado trouxeran a aprobación o orzamento a final de ano, con todo o peixe xa vendido”, relata o voceiro do BNG. “Non se pode culpar á covid-19 deste retraso, porque con pandemia ou sen ela o goberno do PSOE leva dous anos presentando o orzamento ao remate do seu ano legal de vixencia”, abunda.

“Cando todas as administracións están aprobando o orzamento para 2021, o PSOE de Miño aproba o do ano anterior. O lóxico, chegados a este punto, ao que non deberamos chegar porque a lei marca uns prazos para a aprobación do orzamento, é que se tramiten os de 2021, que xa irían fóra de prazo pero polo menos non cun ano de retraso”, engadiu.

O incremento do orzamento é para o crédito da débeda de Fadesa

Desde o BNG amosan a súa incredulidade con que o goberno local venda como algo positivo o incremento do orzamento en máis de 7 millóns de euros. “Non é bo en absoluto, porque non son ingresos adicionais para mellores servizos ou novas infraestruturas”, explica Abraira.

“Este sete millóns de euros máis son o resultado dun crédito que non só non vai repercutir en investimentos nin servizos no concello xa que vai destinado ao pago da débeda de Fadesa, senón que ademais imos ter que devolver”, puntualiza. “Parécenos preocupante, cando menos, que este lastre para o futuro de Miño e a calidade dos nosos servizos municipais se venda con tanto triunfalismo desde o goberno de Faraldo”, conclúe
O BNG pediu ao goberno local que explique a que se debe que presente o orzamento do 2020 un mes antes de que remate o ano