Seguimos defendendo que se suprima a ORA en Miño

O aparcamento da ORA na praia Grande
O aparcamento da ORA na praia Grande

Parécenos surrealista que a veciñanza e visitantes de Miño esteamos pagando por aparcar e que o Concello non gañe nada ou mesmo perda cartos, postos a gastar cartos, que sexa en algo útil como en actividades de conciliación ou en limpeza das estradas, reparación de infraestruturas etc.”

Seguimos defendendo que se suprima a ORA en Miño

Miño, 15 de xullo de 2016. O BNG-AA insistiu na súa demanda de suprimir a ORA despois de que o goberno local fixera público que nin sequera está garantido que se vaian a cubrir os soldos das persoas contratadas. “Parécenos surrealista que a veciñanza e visitantes de Miño esteamos pagando por aparcar e que o Concello non gañe nada ou mesmo perda cartos, postos a gastar cartos, que sexa en algo útil como en actividades de conciliación ou en limpeza das estradas, reparación de infraestruturas etc.”, explicou Olalla Barro, portavoz do BNG-AA de Miño.

Despois de que o alcalde xustificase o cambio que volve a ORA deficitaria nas queixas veciñais e insistira en que a ORA ‘non debe ser un negocio’, a nacionalista preguntouse “e se non é para gañar cartos o Concello, para que se instaurou a ORA na praia?”. “Hai dous anos cando o PP, que agora segue gobernando grazas ao pacto con Ricardo Sánchez, xustificárono na recadación de fondos para manter a limpeza da praia e os seus servizos e agora resulta que non só non recadamos senón que imos perder cartos e que temos a praia sen servizos – sen socorristas, os baños pechados...- e a veciñanza paga para manter 5 postos de traballo segundo afirmou o alcalde. É lamentábel”, criticaron as nacionalistas.

Desde o BNG-AA reclamaron a derrogación da ORA e que se o concello de Miño quere crear postos de traballo que o faga en servizos que repercutan no benestar da veciñanza”. As nacionalistas seguen considerando que a ORA “é un sistema inxusto socialmente no que paga o mesmo quen ten uns ingresos mínimos ou ningún ingreso que Amancio Ortega. Neste sentido o BNG mostrouse sempre contrario a este sistema e partidario de que se financien os servizos pagando en función dos ingresos de cada quen”.

“Aínda sendo contrarias á ORA, o que si non  ten xustificación é que se contrate persoal a finais de xullo para algo que está en vigor en teoría os 3 meses do verán, isto demostra unha vez máis o desastre de xestión do goberno local, a súa falta de previsión e deixadez en todos os ámbitos”, concluíu Barro.