O BNG chama a participar na mesa redonda organizada por SOS Praia Grande de Miño

O BNG apoia á mesa redonda organizada por SOS Praia Grande de Miño que terá lugar mañá ás 18 h. no auditorio do Centro Social Rúa en Miño.

O BNG chama a participar na mesa redonda organizada por SOS Praia Grande de Miño

Miño, 12 de xuño de 2014. O BNG apoia á mesa redonda organizada por SOS Praia Grande de Miño que terá lugar mañá ás 18 h. no auditorio do Centro Social Rúa en Miño.

O obxectivo desta mesa redonda na que participarán diferentes colectivos ecoloxistas como Verdegaia, SGHN, ADEGA, Asociación Fontaíña e a Asociación Galega de Oceanógrafos de Galiza, é dar a cales son os prexuízos destas actuacións que se están a levar a cabo  na praia Grande de Miño e cales deberan ser os métodos para unha rexeneración sostíbel desta praia e de outras moitas que existen no País na súa mesma situación.

Das conclusións desta actividade preténdese elaborar un documento técnico que será entregado a Costas, avalado pola Asociación de oceanógrafos de Galicia, solicitando a paralización das obras e a rexeneración sostible da Praia Grande de Miño.

“Desde o BNG consideramos que esta iniciativa veciñal é moi positiva xa que se centra en buscar solucións e alternativas á situación actual xa que a administración, que sería quen o tería que facer, se nega a valorar outras opcións”, explicou Henrique Abraira, do BNG de Miño.

Os nacionalistas convidaron a toda a veciñanza de Miño e da comarca e a todas as persoas interesadas a participar nesta mesa redonda para elaborar un documento colectivo que ofreza alternativas de futuro para a Praia Grande de Miño, as marismas do Baxoi e a rexeneración integral da Ría de Betanzos.

O BNG chama a participar na mesa redonda organizada por SOS Praia Grande de Miño