O BNG pide apoio veciñal para a marcha de maña en Miño

Olalla Barro é a portavoz do BNG en Miño

O BNG-Asembleas abertas animou a veciñanza a participar na marcha convocada para mañá ás 11:30 na praza do Rabazal para “mostrar a súa indignación diante deste roubo da vontade de cambio do noso concello”.

O BNG pide apoio veciñal para a marcha de maña en Miño

Miño, 19 de xuño de 2015. O BNG-Asembleas abertas animou a veciñanza a participar na marcha convocada para mañá ás 11:30 na praza do Rabazal para “mostrar a súa indignación diante deste roubo da vontade de cambio do noso concello”.

“Pensamos que o pobo ten que demostrar a súa disconformidade con operacións ‘mafiosas’ como a que se deu en Miño e pedir respecto á democracia e dignidade”, explicou Olalla Barro, voceira do BNG-Asembleas abertas. “As nacionalistas fixeron pública a súa intención de participar na marcha e pediron á veciñanza de Miño que participe para esixir democracia e dignidade fronte a operacións escuras e de costas ao pobo como a que protagonizou o actual alcalde e o Partido Popular”.

“Estamos diante dun teatro de confusión e mentiras, acordos que ninguén sabe en que termos se tomaron e nos que parece evidente que o último son os intereses da veciñanza. Temos que demostrar que o pobo é quen máis ordena e que os gobernantes teñen que respectar a nosa vontade”.

“Estamos diante dun teatro de confusión e mentiras, acordos que ninguén sabe en que termos se tomaron e nos que parece evidente que o último son os intereses da veciñanza. Temos que demostrar que o pobo é quen máis ordena e que os gobernantes teñen que respectar a nosa vontade”, concluíu.

O BNG pide apoio veciñal para a marcha de maña en Miño