Visitamos a explotación de Agrodayca en Caresma, Coirós

IMG-7825

O deputado nacionalista adiantou que o BNG está traballando nunha proposta para pedir á Xunta un centro de transformación comarcal para produción de horta e agrogandeira. O BNG xa trasladou ao Parlamento unha iniciativa para pedir a rectificación da orde de axudas polos danos do xabaril nas explotacións

Visitamos a explotación de Agrodayca en Caresma, Coirós

Betanzos, 31 de xaneiro de 2019. O deputado do BNG, Mini Rivas, visitou esta tarde a explotación de Agrodayca en Coirós, acompañado de representantes do BNG da localidade e da comarca. O deputado nacionalista recolleu as achegas dos propietarios e técnicos da explotación de horta situada en Caresma, no concello de Coirós.

“O BNG xa trasladou ao Parlamento unha iniciativa para pedir a rectificación da orde de axudas polos danos do xabaril nas explotacións”, segundo explicou Rivas. “Un dos requisitos de baremación para as explotacións agrarias é o número de hectáreas que teñen declaradas na PAC, cando as explotacións de horta convencional non temos ningunha axuda da PAC”. Neste sentido, explicaron que “as axudas oriéntanse a produtores perceptores da PAC e a producións de autoconsumo, pero deixan fóra ás explotacións profesionais de horta como a nosa”. O deputado nacionalista adiantou que esta iniciativa está pendente de debate no Parlamento.

Centro de transformación da produción agraria

O deputado nacionalista adiantou que o BNG está traballando nunha proposta para pedir á Xunta un centro de transformación comarcal para produción de horta e agrogandeira. “Xa presentamos esta iniciativa dentro das nosas emendas para os orzamentos da Xunta e o PP votou en contra. Pensamos que sería un grande apoio para os produtores da comarca, xa que permitiría elaborar a produción e poder comercializala, dotándoa de maior valor engadido” explicou o deputado nacionalista. “Os concellos de San Sadurniño e Moeche están traballando nunha proposta similar que incluiría un local onde se poidan transformar os produtos agrarios e gandeiros conseguindo un certificado sanitario que permita a súa comercialización. Inicialmente a proposta sería situalo no antigo edificio do LIGAL en Guísamo, no concello de Bergondo, actualmente en ruínas”, explicou Rivas.

Visitamos a explotación de Agrodayca en Caresma, Coirós