Presentamos unha moción pedindo a limpeza dos camiños e núcleos rurais e a prevención dos incendios

coirós
coirós

O BNG traslada ao Pleno municipal a necesidade de limpeza dos camiños e núcleos rurais para evitar o perigo na seguridade viaria e a o risco de incendios.

Presentamos unha moción pedindo a limpeza dos camiños e núcleos rurais e a prevención dos incendios

Coirós, 21 de xuño de 2017. O BNG traslada ao Pleno municipal a necesidade de limpeza dos camiños e núcleos rurais para evitar o perigo na seguridade viaria e a o risco de incendios.

“O fermoso estoupido primaveral da natureza ten efectos desfavorables na seguridade viaria e tamén na integridade das vivendas e das persoas. No concello de Coirós esta cuestión vese agravada ao  non existir un plan de limpeza e tamén pola desidia do goberno municipal á hora de exercer as súas competencias  en materia de lei de incendios”, afirma a voceira nacionalista Pura Ferreño.

Dentro destas obrigas está dispoñer dun plan de prevención e defensa contra os incendios forestais. Isto implica adoptar medidas de prevención nos terreos da súa titularidade, como son as beiras dos camiños municipais. Mais tamén ten potestade para ordenar a execución das obras  necesarias para manter controlada a biomasa vexetal e actuar incluso de xeito subsidiario onde sexa preciso para garantir a seguridade das vivendas e persoas.


“Por todo isto o BNG instará no próximo pleno ao goberno municipal a elaborar de xeito inmediato un plan de limpeza que garanta o bo estado das vías e a seguridade das persoas”, indicou a portavoz do BNG, Pura Ferreño.


Así mesmo, as concelleiras nacionalistas, esixiran a vixilancia do estado das parcelas abandonadas próximas a zonas habitadas instando aos propietarios a limpalas. No caso de non ser atendida a demanda o concello procederá á execución subsidiaria.