Esiximos a inmediata restauración dos servizos de transporte público

Pura Ferreño e Sonia López son as concelleiras do BNG en Coirós
Pura Ferreño e Sonia López son as concelleiras do BNG en Coirós

Desde o 15 de novembro de 2017 a empresa Arriva, que presta o servizo do transporte público rodoviario en Coirós, eliminou as paradas de Queirís e Colantres. Por outra banda, na Lapela e Xora só deixa o servizo da liña A Coruña-Pontearanga- A Coruña, o que significa só unha chegada ás 16:45 desde A Coruña e só unha recollida ás 10:45 cara A Coruña. A maiores este servizo só se presta de luns a venres e en período escolar.

Esiximos a inmediata restauración dos servizos de transporte público

Coirós, 1 de decembro de 2017. Desde o 15 de novembro de 2017 a empresa Arriva, que presta o servizo do transporte público rodoviario en Coirós, eliminou as paradas de Queirís e Colantres. Por outra banda, na Lapela e Xora só deixa o servizo da liña A Coruña-Pontearanga- A Coruña, o que significa só unha chegada ás 16:45 desde A Coruña e só unha recollida ás 10:45 cara A Coruña. A maiores este servizo só se presta de luns a venres e en período escolar.
 
Segundo palabras da voceira nacionalista Pura Ferreño “Esta eliminación de paradas non ten sentido posto que están á beira da estrada N-VI, e non supoñen un custe engadido á liña. O bus vai seguir pasando por diante”. Deste xeito quedan só no concello de Coirós 2 paradas con 5 chegadas desde A Coruña e 6 saídas cara A Coruña: Coirós e Fontelo. Estas frecuencias son de luns a venres. Na fin de semana e festivos este servizo tamén mingua ata menos da metade.
 
 “A eliminación das paradas de Colantres e Queirís e a redución na Lapela obriga ás persoas usuarias a facer uso de taxis có conseguinte incremento do gasto en transporte e o efecto negativo que ten nunhas economías xa bastante debilitadas”, remarca a voceira nacionalista Pura Ferreño. Por todo esto o BNG defenderá no vindeiro pleno a restauración inmediata dos servizos mantendo as frecuencias e as paradas como antes do 15 de novembro.
 
Así mesmo instará de novo ao goberno municipal do PP a axilizar os trámites para a adhesión do Concello de Coirós á Área de transporte metropolitano da Coruña