O BNG reclamará no Pleno maior coidado e protección para o paraxe fluvial de Chelo

Coches aparcados a carón do propio rio.
Coches aparcados a carón do propio rio.

O BNG reclamará no Pleno maior coidado e protección para o paraxe fluvial de Chelo para garantir a seguridade das persoas que o visitan. Neste paraxe fluvial no val de Espenuca, como mesmo se define na web do concello, atopamos ampla variedade da flora e fauna atlántica, estupendos roteiros para desfrutar da paisaxe e tamén zonas para o lecer e a contemplación

O BNG reclamará no Pleno maior coidado e protección para o paraxe fluvial de Chelo

Coirós, 8 de agosto de 2014. O BNG reclamará no Pleno maior coidado e protección para o paraxe fluvial de Chelo para garantir a seguridade das persoas que o visitan. Neste paraxe fluvial no val de Espenuca, como mesmo se define na web do concello, atopamos ampla variedade da flora e fauna atlántica, estupendos roteiros para desfrutar da paisaxe e tamén zonas para o lecer e a contemplación.

“O paraxe natural de Chelo forma parte da Reserva da Biosfera e da rede natura 2000, polo que entendemos que é prioritaria a súa conservación”, indicou Pura Ferreño, “ademais, investíronse cartos públicos nun centro de interpretación que entendemos que só ten sentido se de verdade hai intención de poñer en valor e protexer este espazo natural”.

“A día de hoxe é habitual ver vehículos motorizados transitando mais aló da zona de aparcamento, internándose en lugares que deben estar protexidos e reservados para o transito peonil e bicicletas có conseguinte perigo para as persoas e dano na contorna”, explicou Pura Ferreño, portavoz do BNG no Concello de Coirós.

“A día de hoxe é habitual ver vehículos motorizados transitando mais aló da zona de aparcamento co conseguinte perigo para as persoas e dano na contorna

“Desde o BNG xa temos demandado o arranxo das vías e o control do tránsito para: evitar situacións de colapso, reducir todo o posible o dano sobre un entorno tan prezado e garantir a seguridade das persoas”, explicou Ferreño, “sempre reclamamos unha atención especial para esta e outras zonas do concello por consideralas de alto interese paisaxístico, ecolóxico e mesmo económico pola seu atractivo para o turismo”.

A proposta que a nacionalista trasladará ao Pleno do Concello inclúe diferentes medidas como “controlar o acceso de vehículos ao lugar de Chelo habilitando aparcadoiros alternativos no lugar de Queirís e no camiño de acceso ao couto. “Sería tamén importante habilitar zonas específicas de tránsito e aparcadoiro ás persoas con mobilidade reducida”.

“Delimitar de xeito claro a zona de transito de vehículos motorizados garantindo a conservación do entorno e a seguridade das persoas que circulan a pé pensamos que é imprescindíbel”, indicou Pura Ferreño, “o que non se pode consentir é que os coches sigan aparcando en plena zona natural”.