O BNG reclama que se sinalice o centro de interpretación de Chelo

“Para acceder ao centro de interpretación hai que saber que existe e onde está xa que non está sinalizado”. O BNG pide tamén que se dote de conexión a internet e de folletos divulgativos

O BNG reclama que se sinalice o centro de interpretación de Chelo

Coirós, 22 de setembro de 2014. O BNG reclamará que a Deputación dote de medios o centro de interpretación de Chelo. “Calquera persoa que se achegue ao Centro de Interpretación de Chelo para coñecer algo mellor o couto levará unha decepción” explicou a nacionalista Pura Ferreño, que denuncia que o edificio non conta con folletos divulgativos sobre o río, o couto e o val do Mandeo. Isto, segundo os nacionalistas, é bastante chamativo xa que “a Deputación ten unha imprenta propia, polo que o custo destas publicacións sería moi pequeno”.

Ademais, segundo indicou a nacionalista, “a falta de conexión a internet fai que non poidan funcionar os contidos do centro”. Isto, se os visitantes chegan, porque segundo o BNG “para acceder ao centro de interpretación hai que saber que existe e onde estᔠxa que non está sinalizado. Ademais, indican que a limpeza do lugar e a finca na que está “deixa moito que desexar”.

“Para acceder ao centro de interpretación hai que saber que existe e onde está xa que non está sinalizado”. O BNG pide tamén que se dote de conexión a internet e de folletos divulgativos

Ferreño explica que todas estas cuestións debe solventalas a Deputación, xa que o Concello de Coirós asinou un convenio co ente provincial que así o establece. “Isto redunda en que o investimento de máis de 850 000 euros de todas e todos non rinda nin de lonxe os resultados agardados e exixíbeis a unha actuación desta envergadura” denuncia o BNG.

“Máis unha vez na comarca e nos gobernos do PP, un suntuoso edificio baleiro e sen uso” engaden. “Un xeito de estragar cartos públicos aberrante, inadmisíbel en tempos de crise” censuran.

Por este motivo, os nacionalistas tamén propoñerán no Pleno que se lle demande á Deputación provincial que subsane as deficiencias do edificio e que sinalice os accesos ao centro de interpretación para que poida cumprir o cometido para o que foi construído.

O BNG reclama que se sinalice o centro de interpretación de Chelo