O BNG de Coirós convoca unha charla informativa sobre os efectos da revisión catastral

Ao longo de 2015 e 2016, a Dirección Xeral do Catastro activou na Galiza un proceso extraordinario de regularización catastral, afectando aproximadamente ao 60 por 100 dos concellos. A maior parte destes concellos son eminentemente rurais. 

O BNG de Coirós convoca unha charla informativa sobre os efectos da revisión catastral

Coirós, 27 de abril de 2016. Ao longo de 2015 e 2016, a Dirección Xeral do Catastro activou na Galiza un proceso extraordinario de regularización catastral, afectando aproximadamente ao 60 por 100 dos concellos. A maior parte destes concellos son eminentemente rurais.  Precisamente aqueles que presentan índices de renda per cápita máis baixos non se librarán do “catastrazo”. Moitos dos concellos con maior renda e mesmo onde se desenvolveu con maior empuxe a actividade urbanística nos últimos anos non se inclúen na listaxe da regularización catastral.

Esta é unha evidencia máis da política do PP de control fiscal sobre rendas inferiores, máis desprovistas en canto a capacidade de asesoramento e defensa ante a Facenda. Pola contra non se persigue como prioridade detectar e actuar contra a fraude fiscal de maiores dimensións e previamente concebidos en base a estratexias complexas de enxeñaría financeira e fiscal.

 

O BNG de Coirós realizará unha charla informativa o vindeiro venres 29 de abril ás 20:30 no local da Sociedade Fillos de Ois

 

A regularización catastral obriga ao pagamento dunha taxa de 60 € por cada alta no Catastro, e ademais implicará un aumento do valor catastral do inmoble revisado. Deste xeito incrementará tamén a base impoñible do IBI. Iso tamén pode ter repercusión indirecta noutros impostos (IRPF, plusvalía municipal, sucesións) e mesmo incluso en subvencións públicas como as bolsas  escolares dado que teñen módulos patrimoniais referenciados no catastro como límites obxectivos para accederen á ditas axudas.

En moitos casos a revisión ven motivada por cuestións como a rehabilitación e restauración dos inmobles para evitar o seu deterioro sen que supoña ningún incremento na superficie construída.

Para informar de todas estas cuestións e da posibilidade de presentar reclamacións o BNG realizará unha charla informativa o vindeiro venres 29 de abril ás 20:30 no local da Sociedade Fillos de Ois (Lg do Fontelo- Ois- Coirós)