O BNG-Asembleas abertas celebrará un encontro sobre o transporte municipal

O BNG-Asembleas abertas de Coirós celebrará o vindeiro mércores día 7 ás 20:30 h. no local social de Santiago de Oís un encontro “para falar da necesidade dun transporte público municipal que comunique o Concello e un bo transporte que nos comunique co resto da nosa comarca

O BNG-Asembleas abertas celebrará un encontro sobre o transporte municipal

Coirós, 3 de outubro de 2015. O BNG-Asembleas abertas de Coirós celebrará o vindeiro mércores día 7 ás 20:30 h. no local social de Santiago de Oís un encontro “para falar da necesidade dun transporte público municipal que comunique o Concello e un bo transporte que nos comunique co resto da nosa comarca”, explicou a voceira do BNG en Coirós, Pura Ferreño.

No encontro participará ademais da propia Pura Ferreño, Mini Rivas Cruz, ex-alcalde de Boimorto e todo un referente na loita pola pervivencia do rural

Un servizo de autobús que una as diferentes parroquias do noso concello co centro de saúde, a farmacia ou o propio Concello é unha demanda histórica do BNG que o alcalde do Partido Popular se nega tan sequera a valorar. O alcalde minte cando di que é unha proposta imposíbel e ilegal xa que hai concellos na nosa comarca, rurais e algúns mesmo gobernados polo mesmo PP que contan con este servizo, como é o caso de Aranga”, explicou a voceira nacionalista.

“A situación actual é que a veciñanza maior ten que pagar un taxi para desprazarse ao centro de saúde ou a farmacia. Ademais, hai meses que se aprobou unha moción do BNG para adherirnos ao transporte metropolitano e até onde sabemos, nada se avanzou no tema”, engadiu Pura Ferreño.

No encontro participará ademais da propia Pura Ferreño, Mini Rivas Cruz, ex-alcalde de Boimorto e todo un referente na loita pola pervivencia do rural.