O BNG alegrouse de que o PP se comprometese a retirar a simboloxía franquista

Cruz dos caídos a carón do Concello

 O BNG alegrouse de que o PP votara onte no Pleno a favor de cumprir a Lei da Memoria Histórica e se comprometese a retirar a simboloxía franquista do Concello. “Non sabemos se o Concello de Coirós descoñecía a publicación da Lei de Memoria Histórica no ano 2007 ou cal é o motivo polo que nunca a cumpriu, mais onte no Pleno votaron a favor da retirada da simboloxía franquista e agardamos impacientes a que o cumpran

O BNG alegrouse de que o PP se comprometese a retirar a simboloxía franquista

Coirós, 13 de marzo de 2015. O BNG alegrouse de que o PP votara onte no Pleno a favor de cumprir a Lei da Memoria Histórica e se comprometese a retirar a simboloxía franquista do Concello. “Non sabemos se o Concello de Coirós descoñecía a publicación da Lei de Memoria Histórica no ano 2007 ou cal é o motivo polo que nunca a cumpriu, mais onte no Pleno votaron a favor da retirada da simboloxía franquista e agardamos impacientes a que o cumpran”, ironizou a voceira nacionalista, Pura Ferreño.

O goberno local para apoiar esta moción forzou a que só contemplase o cumprimento da lei da memoria histórica e non outros actos de reparación da memoria que pediamos como un acto en lembranza das persoas represaliadas. “Só faltaba que votaran en contra de cumprir a lei aínda que como demostran os 8 anos que pasaron desde a súa aprobación e a falta total dunha mínima sensibilidade e conciencia coa familia das vítimas da represión que demostraron no Pleno, non teñen moita intención de cumprir o acordo”, criticou a voceira do BNG.

“Non sabemos se o Concello de Coirós descoñecía a publicación da Lei de Memoria Histórica no ano 2007 ou cal é o motivo polo que nunca a cumpriu, mais onte no Pleno votaron a favor da retirada da simboloxía franquista e agardamos impacientes a que o cumpran”

“Coa aprobación desta moción presentada polo BNG o goberno local do PP comprometese á retirada de toda a simboloxía conmemorativa da sublevación militar, Guerra Civil ou Ditadura (monumentos, placas, mencións …) especialmente o monumento aos caídos a carón do Concello por ser o máis visible”, explicou Ferreño. “Parécenos que é básico para restablecer a memoria das vítimas, das persoas represaliadas pola súa ideoloxía e das súas familias”.

“É unha cuestión de dignidade e de reparación ás vítimas da ditadura” abundou. Para a voceira nacionalista, “o normal en calquera sociedade democrática que se prece é retirar todas as honras públicas a quen colaborou cun réxime ditatorial e criminal”.

O BNG alegrouse de que o PP se comprometese a retirar a simboloxía franquista