Votamos en contra da redución do número de Plenos e do incremento do gasto no goberno no Pleno de Bergondo

Imaxe do Pleno de Bergondo
Imaxe do Pleno de Bergondo

Os Plenos pasan a ser cada dous meses en lugar de cada mes, algo co que mostramos a nosa disconformidade ao igual que co trasvase de competencias do Pleno a XGL, xa que dificulta a fiscalización do Goberno por parte da oposición así como a presentación de propostas, facendo o Concello menos transparente e participativo.

Votamos en contra da redución do número de Plenos e do incremento do gasto no goberno no Pleno de Bergondo

O BNG de Bergondo quere facer as seguintes consideracións sobre o Pleno de organización do Concello para os próximos catro anos celebrado o pasado xoves 27/06.

1.- Os Plenos pasan a ser cada dous meses en lugar de cada mes, algo co que mostramos a nosa disconformidade ao igual que co trasvase de competencias do Pleno a XGL, xa que dificulta a fiscalización do Goberno por parte da oposición así como a presentación de propostas, facendo o Concello menos transparente e participativo.

2.- Para compensar a reducción de Plenos e Comisións Informativas, aumentan a indemnización por asistencia aos mesmos de 125€ a 200€, algo co non nos mostramos dacordo, propoñendo que tanto a periodicidade dos Plenos como as indemnizacións quedasen igual que na lexislatura pasada. Sen embargo, ningún outro grupo da Corporación apoiou a proposta. 

3.- A respecto das dedicacións, tanto exclusivas como parciais, consideramos excesivo que, en maior ou menor medida, todo o equipo de Goberno cobre unha dedicación, cando en concellos de maior poboación, e entendese, maior carga de traballo, non é así, poñamos por caso Carballo. Ademáis, isto fai aumentar o orzamento en gasto político

4.- En canto ao reparto de competencias, non nos parece axeitado que vaia haber 4 concelleiros dedicados a temas relacionados con obras, servizos e mantementos xa que o entendemos como unha "duplicidade", cando unha concellería das máis importantes como Benestar Social a despachan con media adicación. Así mesmo, a area de desenvolvemento económico, que se inclúe dentro de Cultura e Educación, cando non ten nada que ver e debería ter concellería propia debido a sua importancia para a relación coa industria local. 

Como aspecto positivo, salientar a creación dunha área especifica para deporte e xuventude, algo que dende o BNG sempre viñemos defendendo prácticamente en solitario.