Solicitamos maior seguridade nas obras das beirarrúas entre Cruz do Sar e Miodelo

O portavoz nacionalista trasladou esta situación ao Goberno Local para que tome cartas no asunto e aumente a seguridade nas obras desta estrada tan transitada, e que atravesa unha das zonas do concello máis densamente poboadas. 

Solicitamos maior seguridade nas obras das beirarrúas entre Cruz do Sar e Miodelo

O BNG solicitou ao Goberno Local que tome as medidas oportunas coa empresa adxudicataria das obras das beirarrúas da estrada de Bergondo a Betanzos, entre Cruz do Sar e Miodelo, para que esta mellore a seguridade logo de que a veciñanza trasladase aos nacionalistas a súas queixas sobre deficiente sinalización.

''A veciñanza residente nos camiños adxacentes xogase a vida a diario para poder acceder a estrada xeral'', indicou o portavoz nacionalista David Carro, ''se saes dalgún destes camiños non se sabe se veñen coches ou non, ou de que lado poden vir, xa que a estrada esta cortada nun sentido, pero non hai ninguén que faga indicacións aos que se queren incorporar'', expuxo Carro. 

“Segundo nos trasladaron veciños e veciñas afectadas, teñen falado cos operarios da obra reclamando maior seguridade pero estes fixeron caso omiso das peticións veciñais, chegando a presentarse unha patrulla de Tráfico nalgunha ocasión”, engadiu o portavoz nacionalista. 