Propomos ao goberno local que estude a opción de bonificar taxas municipais para autónomos e PEMEs

Imaxe de arquivo dun Pleno en Bergondo
Imaxe de arquivo dun Pleno en Bergondo

Pedimos tamén que o goberno avalíe ofrecer axudas a autónomos e pequenas empresas polo tempo que tiveron que manterse pechadas, ou asesoramento para solicitar axudas doutras administracións

Propomos ao goberno local que estude a opción de bonificar taxas municipais para autónomos e PEMEs

Bergondo, a 18 de maio de 2020. O BNG propón ao goberno local que estude a opción de bonificar taxas municipais, como a auga ou o saneamento, aos autónomos e PEMEs que tiveron que pechar ou viron reducidos os seus ingresos de forma importante. Os nacionalistas inclúen esta proposta dentro das iniciativas que enviou ao goberno para un plan de reactivación fronte a crise do COVID-19. "Pedimos tamén que o goberno avalíe ofrecer axudas a autónomos e pequenas empresas polo tempo que tiveron que manterse pechadas, ou asesoramento para solicitar axudas doutras administracións. Parécennos fundamentais para reactivar a economía na localidade" expuxo o portavoz nacionalista David Carro.

"Propuxemos tamén promocionar os comercios ou empresas con venta directa ao público mediante a edición dunha guía de comercios e produtores locais que repartir en todo o municipio e un vídeo para as redes sociais, para que a veciñanza saiba o que pode atopar sen saír de Bergondo, un handicap co que contan sobre todo aquelas radicadas no polígono" indicou Carro.

Peticións á Xunta e o Estado

“As axudas a autónomos e PEMEs tería que aprobalas a Xunta que é quen ten a competencia e capacidade económica para facer fronte ás necesidades destes colectivos, mais en vista de que a Xunta non actúa no BNG pensamos que non podemos deixar aos nosos veciños e veciñas abandonadas”, engadiu. Por iso o BNG presentará unha moción encamiñada a solicitar a Xunta de Galiza a creación dun plan de reactivación económica consensuado entre forzas políticas e axentes sociais. O BNG tamén se solicita que o Estado modifique a "lei Montoro" para permitir ao Concello investir todo o remanente acumulado, o que sen dúbida inxectaría moitos recursos na economía local" engadiu o nacionalista.

Axudas para as persoas

"Para os nosos veciños e veciñas que están sufrindo unha situación económica moi complicada, propoñemos estudiar rebaixar algún imposto municipal, como a porcentaxe municipal do IBI”, engadiu o portavoz nacionalista. “Pedimos que se cree unha despensa municipal de alimentos e produtos de hixiene que complemente as axudas de emerxencia social, que podería contar con doazóns, e facer as compras a produtores locais como horta así se está fomentando un circuíto de proximidade que serve tamén para salvar a mais veciñas de situacións delicadas", concluíu o concelleiro do BNG.

Propomos ao goberno local que estude a opción de bonificar taxas municipais para autónomos e PEMEs