Pedimos ao goberno local que actúe para controlar unhas colonias de gatos en Ouces ou Cortiñán

David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo
David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo

O BNG pediu ao goberno local que actúe para controlar unha colonias de gatos en Ouces e Cortiñán, onde gatos abandonados están formando colonias cada vez máis numerosas. “Estes gatos abandonados están sen castrar o que provoca que as colonias de gatos abandonados medren continuamente segundo nos teñen trasladado veciños e veciñas”

Pedimos ao goberno local que actúe para controlar unhas colonias de gatos en Ouces ou Cortiñán

Bergondo, 8 de decembro de 2018. O BNG pediu ao goberno local que actúe para controlar unha colonias de gatos en Ouces e Cortiñán, onde gatos abandonados están formando colonias cada vez máis numerosas. “Estes gatos abandonados están sen castrar o que provoca que as colonias de gatos abandonados medren continuamente segundo nos teñen trasladado veciños e veciñas”, explicou o portavoz do BNG de Bergondo, David Carro.

“Pedimos tamén que se instalen casetas felinas para manter saneadas estas colonias de gatos onde poidan ser alimentados en colaboración con entidades animalistas e veciños e veciñas como se fixo noutros concellos da comarca”, engadiu Carro.

Desde o BNG solicitaron ao concello que poña en marcha unha campaña de esterilización en colaboración con clínicas veterinarias e entidades animalistas da comarca así como unha campaña para evitar o abandono dos animais domésticos e promover a adopción para intentar dar solución a esta problemática.

“É fundamental que estas colonias de gatos estean controladas, esterilizados e correctamente alimentados para evitar problemas de convivencia e de supervivencia dos propios animais”, explicou o portavoz nacionalista. 

Pedimos ao goberno local que actúe para controlar unhas colonias de gatos en Ouces ou Cortiñán