Solicitamos ao Ministerio as melloras pendentes na nacional VI en Cortiñán

O BNG de Bergondo reuniuse cun grupo de veciñas e veciños que levan reclamando anos melloras de seguridade viaria neste concello “se o ministerio de fomento actuase a Institución provincial e o goberno local poderían facer melloras nun vial provincial para mellorar a seguridade da zona”. As actuacións entre outras permitirían importantes melloras de seguridade tamén nos viais da Deputación da Coruña na estrada DP 0105

Solicitamos ao Ministerio as melloras pendentes na nacional VI en Cortiñán

Bergondo, 22 de decembro de 2017. O BNG de Bergondo reuniuse cun grupo de veciñas e veciños que levan reclamando anos melloras de seguridade viaria neste concello “se o ministerio de fomento actuase a Institución provincial e o goberno local poderían facer melloras nun vial provincial para mellorar a seguridade da zona”. 

A xente que vive na zona leva anos reclamando que na estrada provincial DP 0105 a altura da N-VI se faga ese vial de sentido único  desde o cruce até a Ponte da Vía do tren “a Deputación díxonos que non había problema mais que o ministerio tiña que actuar para que o cruce coa nacional sendo de sentido único poida ser seguro. É só un tramo de 500 metros mais permitiría unha seguridade moi importante” indicou o responsábel do BNG de Bergondo David  Carro.

As persoas residentes nesta zona explicáronlle a David Carro que a situación é bastante preocupante e que xa ten habido algún susto xa que o bus ten que parar no medio da estrada o que provoca problemas de visibilidade no momento de subir e baixar no bus, lembrou Carro que nesa parada tamén se suben e baixan estudantes xa que é parada do bus escolar.

Por outro lado por esta estrada provincial circulan moitos camións de grande tonelaxe que van até o polígono industrial o que provoca aínda máis problemas de seguridade, “hai que actuar urxentemente e por unha zona de parada de bus en condicións que permita tamén abrigarse da choiva “ é unha situación doutra época e non é xusto”.

Non só se debería facer unha zona de sentido único senón que coa actuación que veciñas e veciños propoñen podería tamén facerse unha zona de aparcamento para as persoas residentes o que tamén aumentaría a seguridade “ hai outra estrada que está en perfecto estado que podería ser utilizada sen ocasionar tantos problemas” propuxo David Carro

“Nestes días recolleremos sinaturas e voltaremos enviarllas ao Ministerio a reclamación. Imos pedir o apoio do Concello e da Deputación e o seu compromiso de actuar tamén para mellorar a contorna o antes posíbel  , canta máis forza fagamos mellor xa que se trata dunha actuación necesaria e moi urxente”