Mostramos o seu apoio a unha campaña veciñal para que todas as vivendas paguen o mesmo polo enganche ao saneamento

David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo
David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo

“Actualmente hai veciños e veciñas que pagan 450€ por engancharse ao saneamento, mentres outros teñen que pagar 600 ou 900€ polo mesmo, algo que non consideran xusto, xa que todos e todas son iguais, ou deberan selo”

Mostramos o seu apoio a unha campaña veciñal para que todas as vivendas paguen o mesmo polo enganche ao saneamento

Bergondo, 12 de novembro de 2019. O BNG mostrou o seu apoio á recollida de sinaturas que comezaron veciños e veciñas de Bergondo para reclamar cambios na tarifa do saneamento que garantan que toda a veciñanza paga o mesmo pola taxa de enganche. “Actualmente hai veciños e veciñas que pagan 450€ por engancharse ao saneamento, mentres outros teñen que pagar 600 ou 900€ polo mesmo, algo que non consideran xusto, xa que todos e todas son iguais, ou deberan selo”, explicou o portavoz do BNG, David Carro, “por iso imos apoiar esta xusta demanda da nosa veciñanza. 

Con esta recollida de firmas esperan que o Goberno Local  faga as oportunas modificacións nas taxas municipais con este fin e poña fin a esta situación de desigualdade. “Ademais, esta situación fai que haxa veciños e veciñas que declinan engancharse ao non poder facer fronte ao seu coste, ou que teñen outra alternativa de saneamento, pero mentres se agarda, a rede viaria permanece sen reparar durante meses, coas conseguintes molestias”, engadiu o portavoz nacionalista. 

O BNG presentou unha iniciativa no Pleno do mes de setembro que ía no mesmo sentido, que a veciñanza pagase o mesmo polo mesmo servizo, excepto aquelas persoas en situación de emerxencia social. Sen embargo, a proposta dos nacionalistas foi rexeita cos votos en contra de PSOE e Alternativa, e a favor de BNG e PP.