Lamentamos a intención do goberno de legalizar, a través do PXOM, as obras do club de tenis La Pedralba

a Pedralba
Plano no PXOM do que será o Plan Parcial do Caño

O BNG censurou a intención do goberno de legalizar, a través do PXOM, as obras de urbanización do club de tenis La Pedralba.

Lamentamos a intención do goberno de legalizar, a través do PXOM, as obras do club de tenis La Pedralba

Bergondo, 11 de outubro de 2017. O BNG censurou a intención do goberno de legalizar, a través do PXOM, as obras de urbanización do club de tenis La Pedralba. “Parécenos escandaloso que o goberno bipartito pretenda legalizar unhas obras feitas sen licenza e facendo caso omiso das diferentes advertencias sobre a súa legalidade. Parece que o trato é diferente dependendo de quen se trate, as obras ilegais da Pedralba merecen un Plan especial para legalizalas mentres moitísimas vivendas de veciños e veciñas do noso concello quedan fora de ordenación e parece que non merecen o mesmo trato”, indicou o portavoz do BNG, David Carro.

“O Club de Tenis La Pedralba esta en solo rústico de especial protección de augas pola súa cercanía á ría de Betanzos que é un Lugar de Interese Comunitario (LIC). Mais a pesar das múltiples denuncias do noso grupo desde o ano 2013 no que se empezaron estas obras de ampliación o goberno local non actuou para evitar esta ampliación fora da legalidade. Como dixemos no seu momento sería bo saber que pasaría se un veciño ou veciña fai unha obra coma esta a carón da Ría sen licenza? Parece claro que hai un trato diferente por parte do goberno dependendo de quen se trate”, engadiu Carro. “Despois de facerse pública a última sentenza sobre este tema pedimos ao goberno que explicara que pensaba facer coa Pedralba e aínda estamos esperando unha resposta. Agora despois de ver o borrador de Plan Xeral parécenos aínda máis escandaloso que non se nos informara das intencións de legalizala”.

Desde o grupo nacionalista volveron criticar a falta de transparencia do goberno local bipartito. “Non nos parece normal que se intente enganar á veciñanza falando mesmo dun cambio de modelo urbanístico e que en ningún dos comunicados que enviaron aos medios nin na charla que celebraron co equipo redactor se falara da intención de legalizar mediante o PXOM e o futuro Plan especial do Caño esta obra privada”, indicou o portavoz nacionalista. “Apelamos á coherencia dos socios de goberno do PSOE, que se opuxeron nos últimos anos ao trato de favor cara este club e pediron que se aplicase a legalidade. Non entendemos porqué agora cambian de criterio por completo e apoian todo o contrario”, concluíu o portavoz nacionalista.

Desde o BNG denunciaron ademais que o goberno local financia con cartos públicos a través dun convenio este club que recibe moitos máis cartos que o resto de asociacións do Concello. 

Lamentamos a intención do goberno de legalizar, a través do PXOM, as obras do club de tenis La Pedralba