Insistimos na necesidade de rehabilitar e darlle uso ao edificio do LIGAL e non limitarse a pedir o seu peche

26 mayo 2014 página 27
Bergondo.- Los vándalos se ensañan con el edificio que el Consorcio reclama como sede

El deterioro del antiguo edificio del Ligal en Bergondo es evidente y notorio

O BNG afeou ao goberno local que agora pida que se peche o edificio do LIGAL, mentres leva anos permitindo o seu deterioro e actos vandálicos sen tomar ningunha medida

Insistimos na necesidade de rehabilitar e darlle uso ao edificio do LIGAL e non limitarse a pedir o seu peche

Bergondo, 26 de outubro de 2017. O BNG de Bergondo afeou ao goberno local que agora pida que se peche o edificio do LIGAL, mentres leva anos permitindo o seu deterioro e actos vandálicos sen tomar ningunha medida. “No ano 2013, cando o edificio aínda se atopaba nunhas condicións aceptábeis presentamos unha proposta por rexistro para que se dedicara o antigo LIGAL a un viveiro de empresas, o goberno local nin sequera entrou a debater a proposta e permitiu que coa promesa de que sería a próxima sede do Consorcio das Mariñas, en descomposición, se seguise deteriorando este edificio público construído con cartos de todos e todas até chegar a situación actual”, criticou o portavoz do BNG en Bergondo, David Carro.

“Nos seguintes anos o BNG presentou como emenda aos orzamentos da Xunta e como proposta no Parlamento galego esta iniciativa, á que sempre se opuxo o Partido Popular. As consecuencias da deixadez e o pasotismo do goberno local e da Xunta son que agora temos un edificio público a caer que supón un risco e un perigo para a veciñanza”, engadiu Carro.

O BNG insistiu na necesidade de rehabilitar e darlle uso a este edificio antes de que siga o seu deterioro e a única opción sexa derrubalo. “No mes de setembro no noso concello había 389 persoas inscritas no paro, e na nosa comarca non existe ningún viveiro de empresas público que pensamos sería de moito interese para intentar axudar ás persoas que queiran montar pequenas empresas a empezar. O lugar onde está o edificio do antigo LIGAL pensamos ademais que é moi apropiado para estes usos por estar a carón do polígono industrial”, indicou o portavoz do BNG. “Un goberno ten que ter algunha proposta máis que pechar un edificio público e permitir que se siga deteriorando”, concluíu. 

Insistimos na necesidade de rehabilitar e darlle uso ao edificio do LIGAL e non limitarse a pedir o seu peche