Facemos unha primeira valoración do pacto de goberno en Bergondo entre PSOE e Anova

David Carro é o voceiro do BNG en Bergondo
David Carro é o voceiro do BNG en Bergondo

“É de agradecer que por fin PSOE e Anova sexan honestos coa veciñanza, porque levan gobernando xuntos xa tempo”

“Pedimos que non decepcionen á veciñanza, porque sería terríbel”

Facemos unha primeira valoración do pacto de goberno en Bergondo entre PSOE e Anova

“É de agradecer que por fin PSOE e Anova sexan honestos coa veciñanza, porque levan gobernando xuntos xa tempo”

“Pedimos que non decepcionen á veciñanza, porque sería terríbel”

Bergondo, 3 de decembro de 2016. O BNG realizou unha primeira valoración de urxencia sobre o pacto de goberno anunciado hoxe entre PSOE e Anova para gobernar o municipio desde o 1 de xaneiro do vindeiro ano. As nacionalistas entenden que pode ser unha oportunidade para cambiar as cousas e agradecen que “PSOE e Anova colleron moitas das propostas do noso programa”. O voceiro do BNG, David Carro, desexou que “non sigan na liña de falta de proxecto e de ilusión do goberno do PSOE nos últimos anos e vexamos o cambio que Anova prometeu”.

É de agradecer que por fin PSOE e Anova sexan honestos coa veciñanza, porque levan gobernando xuntos xa tempo

Desde o BNG, porén, ven con preocupación algúns dos proxectos anunciados, como o paseo en torno ao río Maior, se ben anticipan que agardarán a que ambas forzas fagan público o contido concreto do acordo de goberno e mais dos proxectos das actuacións e os seus cronogramas para valoralos debidamente.

“Pedimos que non decepcionen á veciñanza, porque sería terríbel” expoñen desde o BNG. “Que pensen ben se a prioridade son as persoas e os servizos públicos ou o urbanismo e o PXOM”, engaden.

Con todo, desde o BNG salientan que “é de agradecer que por fin PSOE e Anova sexan honestos coa veciñanza, porque levan gobernando xuntos xa tempo”. Unha vez coñecido o contido do pacto de goberno entre PSOE e Anova e valorado pola Asemblea Local, Carro avanzou que o BNG fará unha valoración máis demorada do acordo.
Área de anexos