Demandamos transparencia sobre os acordos polos que Anova se incorpora ao goberno de Bergondo

David Carro é o portavoz do BNG en Bergondo
David Carro é o portavoz do BNG en Bergondo

O BNG valorou a entrada de Anova no goberno local de Bergondo que fixeron público hoxe nunha rolda de prensa. “Desde o BNG imos seguir traballando estes 2 anos que quedan,  controlando a acción do goberno e trasladando as demandas da veciñanza e colectivos coa intención de ser útiles para os veciños e veciñas”

Demandamos transparencia sobre os acordos polos que Anova se incorpora ao goberno de Bergondo

Bergondo, 12 de decembro de 2016. O BNG valorou a entrada de Anova no goberno local de Bergondo que fixeron público hoxe nunha rolda de prensa. “Desde o BNG imos seguir traballando estes 2 anos que quedan,  controlando a acción do goberno e trasladando as demandas da veciñanza e colectivos coa intención de ser útiles para os veciños e veciñas”, engadiu o portavoz nacionalista. 

“Desde o BNG imos seguir traballando estes 2 anos que quedan,  controlando a acción do goberno e trasladando as demandas da veciñanza e colectivos coa intención de ser útiles para os veciños e veciñas”

“Demandamos do goberno transparencia porque os acordos que fixeron públicos son demasiado inconcretos e non permiten un control do seu cumprimento”, explicou o portavoz do BNG de Bergondo David Carro. 

“A veciñanza ten dereito a coñecer os detalles do acordo a empezar polo custo de cartos públicos que vai ter o novo goberno, porque a fin de contas saen dos nosos impostos”, engadiu Carro, “así como as competencias de cada área”.