David Carro: "É urxente construír xa un saneamento separativo de pluviais e fecais no polígono"

O sucedido onte coas inundacións ven a darnos a razon sobre a senda fluvial e o saneamento a caron do Rio Maior, que fara que aumente o seu caudal en época de fortes choivas e que as augas fecais rematen no río”

no Pleno de xullo propuxemos unha fronte común da Corporación Municipal, Asociación de Empresarios e Comunidade de Propietarios para dar resposta a esta demanda en colaboración con outras Administracións”.

David Carro: "É urxente construír xa un saneamento separativo de pluviais e fecais no polígono"

Bergondo, 19 de decembro de 2019. O BNG demandou ao goberno local que constrúa “dunha vez por todas a rede de saneamento separativa de fecais e pluviais no polígono industrial”. O voceiro nacionalista, David Carro, indicou que a actual configuración do saneamento é a que dá en que “se anegue o polígono na súa parte máis baixa e envíe unha gran escorrentia afectando a veciñanza de Lubre e Sada, como aconteceu onte”.

O portavoz do BNG manifestou a súa “solidariedade con toda a veciñanza afectada por este suceso”, indicando que “poñémonos á súa enteira disposición”. “O sucedido onte coas inundacións ven a darnos a razon sobre a senda fluvial e o saneamento a caron do Rio Maior, que fara que aumente o seu caudal en época de fortes choivas e que as augas fecais rematen no río e en consecuencia, cheguen ata o mar pola desembocadura do mesmo en Sada” advertiu Carro.

Por este motivo, o edil nacionalista insistiu en demandar ao bipartito PSOE-Alternativa “que recapacite, a pesar de que teñen unha partida consignada nos orzamentos do ano que ven para expropiacións ainda estan a tempo e modifiquen o proxecto para evitar este tipo de problemas no futuro e máis danos á veciñanza”.

O goberno de PSOE e Alternativa debe deixar de escurrir o bulto amparandose no custe da obra e buscar solucións xa”, abunda David Carro. O nacionalista lembra que “no Pleno de xullo propuxemos unha fronte común da Corporación Municipal, Asociación de Empresarios e Comunidade de Propietarios para dar resposta a esta demanda en colaboración con outras Administracións”.

Pero ao goberno de Alejandra Pérez non lle parecia o momento oportuno para traballar sobre este tema” lamenta, “agardamos que este toque de atención sirva para abrirlles os ollos, para baixalos da soberbia na que están instalados e para ver que non teñen a razón absoluta aínda que sumen maioría absoluta”, ironizou.

David Carro: "É urxente construír xa un saneamento separativo de pluviais e fecais no polígono"