Pedimos ao goberno local que dedique a investimento máis do escaso 13 % que prevé o orzamento

David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo
David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo

O BNG criticou que o goberno local prevea dedicar só un escaso 13 % a investimento. “Hai parroquias enteiras que non teñen conexión ao saneamento como Lubre ou grande parte de Guísamo, e pensamos que é prioritario rematar este servizo que ademais é obrigatorio segundo a Lei de Bases do réxime local que todos os concellos presten e tamén para evitar vertidos que deterioren a calidade da auga dos rios e das praias”

Pedimos ao goberno local que dedique a investimento máis do escaso 13 % que prevé o orzamento

Bergondo, 14 de decembro de 2017. O BNG criticou que o goberno local prevea dedicar só un escaso 13 % a investimento. “Segundo os datos que fixo públicos o propio goberno na súa proposta de orzamento para 2018 que se debaterá no Pleno o vindeiro martes só van dedicar a investimento 825 mil euros dun total de 6, 14 millóns de euros”, explicou o portavoz do BNG, David Carro, “dentro desta cantidade inclúese ademais, segundo os seus propios datos o financiamento da Deputación a través do POS+”.

Os nacionalistas criticaron ademais que non se prevea facer un esforzo en dotar a todo o concello de saneamento e traída de augas. “Hai parroquias enteiras que non teñen conexión ao saneamento como Lubre ou grande parte de Guísamo, e pensamos que é prioritario rematar este servizo que ademais é obrigatorio segundo a Lei de Bases do réxime local que todos os concellos presten e tamén para evitar vertidos que deterioren a calidade da auga dos rios e das praias”, engadiu Carro. “O compromiso coa Ría demostrase saneándoa non só con programas de voluntariado, que son mellores que nada, pero que desde logo non van garantir a calidade da auga que é o principal problema que ten neste momento a Ría”, indicou.

“Parécenos que o goberno local está botando as contas da leiteira porque están prometendo continuar coas beirarrúas mentres reservan para estas obras 70.000 euros ou 25 mil euros para melloras nos parques infantís cando é obvio que estas cantidades son moi pequenas para asumir as obras que comprometen. Cantos quilómetros de beirarrúas pensa o goberno contratar con 70 mil euros?”, ironizou o portavoz do BNG.

Dous meses de retraso na presentación do orzamento

Desde o BNG criticaron ademais que o goberno presente este documento con 2 meses de retraso sobre os prazos establecidos legalmente. “O orzamento debía estar presentado ao Pleno antes do 15 de outubro e estamos a mediados de decembro aínda debatendo a aprobación inicial”, concluíu o portavoz do BNG. 

Pedimos ao goberno local que dedique a investimento máis do escaso 13 % que prevé o orzamento