O BNG reclamou o saneamento integral da Ría para garantir a calidade da auga nas praias de Bergondo

Desde o BNG reclamaron saneamento para a Ría en lugar de simples “operacións estéticas” nas praias. “O problema fundamental da Ría está no saneamento, en garantir a calidade da auga. Isto é primordial para os sectores produtivos que dependen da Ría, como o marisqueo, máis tamén para o turismo xa que unha boa calidade da auga vai atraer turistas que se a Ría se segue degradando deixarán de vir”.

O BNG reclamou o saneamento integral da Ría para garantir a calidade da auga nas praias de Bergondo

Bergondo, 10 de xullo de 2014.  “Cada vez hai maior alarma social diante da calidade das augas nas praias do Concello e a alcaldesa ten que dar información clara e buscar unha solución a esta situación”, indicou David Carro do BNG de Bergondo. “Parécenos sorprendente que a alcaldesa pida aos veciños e veciñas que vixíen por se hai vertidos de fecais en Gandarío cando sabe perfectamente que as vivendas de Gandarío e de toda a parroquia verten directamente a Ría a través dun emisario na propia marxe esquerda da praia”, criticou Carro.

Desde o BNG reclamaron saneamento para a Ría en lugar de simples “operacións estéticas” nas praias. “O problema fundamental da Ría está no saneamento, en garantir a calidade da auga. Isto é primordial para os sectores produtivos que dependen da Ría, como o marisqueo, máis tamén para o turismo xa que unha boa calidade da auga vai atraer turistas que se a Ría se segue degradando deixarán de vir”.

“É primordial o saneamento que garanta a calidade da auga tanto para os sectores produtivos que dependen da Ría, como o marisqueo, como para o turismo”

O saneamento en todas as Rías debía estar garantido segundo unha directiva da Unión Europea desde o ano 2008, mais a realidade é que no noso Concello, ao igual que noutros da comarca séguese vertendo directamente á Ría en moitos puntos.

Desde o BNG exixiron que a Reserva da Biosfera adique fondos ao saneamento nos concellos que limitan coa Ría. “No mellor dos casos construíronse decantadoras, que só separan os residuos por peso pero non eliminan as bacterias da auga”, criticou Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas. “Chegan fondos a través da reserva da Biosfera e do GDR que entendemos que deberan ter como finalidade prioritaria o saneamento en toda a Ría”.

“Non é normal que se malgasten cantidades tremendas de cartos, coma no caso da praia de Miño, en area sen estudo ningún das correntes nin saber onde vai acabar, e se manteñan vertidos directos á Ría”, criticou López, “a prioridade debera ser garantir en primeiro lugar a calidade das augas e despois un estudo serio das correntes para asegurarnos de que esa area non vai acabar na metade da Ría no primeiro temporal do inverno”.