O BNG lamenta que a Deputación descarte melloras na seguridade viaria na DP-0811

O BNG lamenta que a Deputación descarte facer melloras na seguridade viaria na estrada que une o Espírito Santo e Lubre, como demandaron os nacionalistas. En resposta as preguntas formuladas pola deputada provincial Silvia Seixas a instancias da asemblea local do BNG de Bergondo, a Deputación da Coruña “argumenta que tras un estudio do tráfico na mencionada vía non considera que esta precise de melloras na seguridade viaria.

O BNG lamenta que a Deputación descarte melloras na seguridade viaria na DP-0811

Bergondo, 6 de agosto de 2014. O BNG lamenta que a Deputación descarte facer melloras na seguridade viaria na estrada que une o Espírito Santo e Lubre, como demandaron os nacionalistas. En resposta as preguntas formuladas pola deputada provincial Silvia Seixas a instancias da asemblea local do BNG de Bergondo, a Deputación da Coruña “argumenta que tras un estudio do tráfico na mencionada vía non considera que esta precise de melloras na seguridade viaria.

Sen embargo, os nacionalistas bergondeses constataron nunha visita ao lugar acompañados de veciños e veciñas, que a vía precisa de melloras, nomeadamente nun primeiro tramo, dende a incorporación da N-VI. “Logo da incorporación, un pouco máis abaixo atópanse unhas naves que fan que se movan camións de tonelaxe por esta vía estreita e sen beiravías, que atravesa unha zona densamente poboada e transitada por peóns que a utilizan para poder acceder ao transporte público” explican.

O goberno provincial do PP sostén que a seguridade dos peóns non precisa medidas adicionais nesta estrada con tráfico denso e sen beirarrúas nin beiravías

O BNG de Bergondo solicitou que a Deputación da Coruña fixese unha pequena inversión na canalización de pluviais neste tramo, gañando así espazo para os peóns e mellorando considerablemente a seguridade viaria na zona. Na súa resposta, o goberno do PP na Deputación apraza calquera decisión a “futuros orzamentos”, sen especificar se atendera ou non esta petición veciñal.

O BNG lamenta que a Deputación descarte melloras na seguridade viaria na DP-0811