Denunciamos deficiencias na calefacción do Centro de Saúde de Bergondo

Centro saude
Imaxe do Centro de saúde de Bergondo

O BNG de Bergondo demanda do Goberno Local que solucione canto antes os problemas de calefacción existentes no Centro de Saúde de Bergondo. 

Denunciamos deficiencias na calefacción do Centro de Saúde de Bergondo

Bergondo, 25 de novembro de 2016. O BNG de Bergondo demanda do Goberno Local que solucione canto antes os problemas de calefacción existentes no Centro de Saúde de Bergondo. 

“Usuarios e usuarias do centro de saúde trasladáronnos as súas queixas. Semella que dende o cambio de contadores realizado nas dependencias sanitarias a potencia non é a suficiente polo que ao poñer os radiadores, todos eléctricos, salta o diferencial. Debido a isto, non se pode facer uso dos mesmos e chega a facer moito frío, máxime a estas alturas do ano”, explicou o portavoz nacionalista David Carro. 

Carro: "Demandamos do goberno local que tome as medidas oportunas para solucionar esta deficiencia o antes posible"

“En pleno inverno non se pode permitir que unha instalación como o Centro de Saúde, a que acoden a diario moitas persoas maiores, nenos e nenas, non conte con un sistema de calefacción axeitado; demandamos do Goberno Local que tome as medidas oportunas para solucionar esta deficiencia o antes posible, xa que no mencionado centro vai moito frío e hai que ter en conta que a el acode xente enferma que pode ver agravada a súa enfermidade”, concluíu Carro. 

Denunciamos deficiencias na calefacción do Centro de Saúde de Bergondo