Anunciamos a nosa abstención na elección de alcaldesa que terá lugar no Pleno do vindeiro sábado

“Seguiremos traballando todos os días con forza e ilusión para conseguir o mellor para Bergondo desde a oposición que é onde a veciñanza nos colocou cos seus votos”

Anunciamos a nosa abstención na elección de alcaldesa que terá lugar no Pleno do vindeiro sábado

Bergondo, 12 de xuño de 2019. O BNG anunciou a súa abstención na elección de alcaldesa que terá lugar no Pleno do vindeiro sábado. “A veciñanza non nos deu forza abondo para optar á alcaldía e polo tanto a decisión da asemblea local é non presentar a nosa candidatura e absternos na votación”, explicou o portavoz nacionalista, David Carro.

O BNG agradeceu o apoio á veciñanza “que nos permitiu recuperar a representación no Pleno municipal que non tiñamos desde hai 6 anos”, engadiu Carro. “Seguiremos traballando todos os días con forza e ilusión para conseguir o mellor para Bergondo desde a oposición que é onde a veciñanza nos colocou cos seus votos”, explicou.

“Temos un proxecto alternativo fronte a un goberno sen proxectos nin ideas. Somos un dos concellos de Galiza con maiores ingresos e precisamos propostas e un proxecto para Bergondo, desde o BNG comprometémonos a traballar en positivo e de forma construtiva desde a oposición para conseguir o Bergondo que nos merecemos”, concluíu o portavoz nacionalista.