Reclamamos á Xunta que contrate persoal para garantir a calidade do servizo de saúde en Aranga

Nota informativa da redución de horas de servizo en Muniferral
Nota informativa da redución de horas de servizo en Muniferral

O BNG anuncia que xa trasladaron este tema ao Parlamento galego e afirman que reclamarán ao Sergas que garanta a calidade do servizo e contrate persoal para cubrir as baixas e vacacións do persoal.

Reclamamos á Xunta que contrate persoal para garantir a calidade do servizo de saúde en Aranga

Aranga, 3 de agosto. O centro de saúde de Muniferral, mediante un comunicado da Sudireción de Procesos Asistenciais, ven de anunciar que durante o mes de agosto reducirá o seu horario para asistencia sanitaria urxente. A atención sanitaria urxente habitual cubría un horario de 8 a 15 e agora só será de 9 a 13. Para o resto de horas, o SERGAS remite ao PAC de Betanzos.

Para o voceiro do BNG en Aranga, Carlos Díaz, esta redución horaria da atención sanitaria urxente no centro de Muniferral “pon de manifesto as consecuencias dos recortes en sanidade practicados pola Xunta do PP” e prexudica a toda veciñanza de Aranga, posto o único centro de saúde co horario habitual é o da Castellana”. 

Segundo o grupo nacionalista, esta redución horaria é unha mostra máis do desleixo do PP polos servizos públicos: “desde o BNG vimos denunciando o deterioro do servizo sanitario en Betanzos, primeiro en pediatría e despois en xinecoloxía, e agora vemos que as consecuencias dos recortes afectan de maneira máis directa ás usuarias do concello de Aranga.”

Por outro lado, recordan os nacionalistas, o SERGAS está a derivar a un centro que á sua vez xa está a derivarr persoas ao centro de especialidades do Ventorrillo, que está a tres cuartos de hora de Aranga e ao borde do colapso. 

O BNG anuncia que xa trasladaron este tema ao Parlamento galego e afirman que reclamarán ao Sergas que garanta a calidade do servizo e contrate persoal para cubrir as baixas e vacacións do persoal. 

“Desde hai xa varios anos, o BNG ten presentado emendas ao orzamento da Xunta, para pedir precisamente que se garanta unha asistencia de calidade nos servizos medicos da comarca de Betanzos. A Xunta do PP nunca ten aceptado tales emendas e nestas estamos”, denuncia o portavoz do BNG no concello de Aranga, Carlos Díaz.

O BNG de Aranga convida ao resto de grupos políticos con representación na corporación, especialemente ao PP, a que denuncie a deterioración do servizo no centro de Muniferral e reclame a cobertura das prazas necesarias para garantir a asistencia sanitaria urxente e non urxente no concello de Aranga.