Jose Manuel López Crespo é o novo concelleiro do BNG en Aranga

Xosé Manuel López Crespo, concelleiro do BNG en Aranga

O novo concelleiro do BNG en Aranga, José Manuel López Crespo, tomou posesión no Pleno que se celebrou onte ás 20 h. José Manuel López Crespo asumiu o cargo de concelleiro despois da renuncia do anterior portavoz do BNG, José Juan Rico Rodríguez, o pasado mes de febreiro por motivos persoais.

Jose Manuel López Crespo é o novo concelleiro do BNG en Aranga

Aranga, 29 de agosto de 2014. O novo concelleiro do BNG en Aranga, José Manuel López Crespo, tomou posesión no Pleno que se celebrou onte ás 20 h. José Manuel López Crespo asumiu o cargo de concelleiro despois da renuncia do anterior portavoz do BNG, José Juan Rico Rodríguez, o pasado mes de febreiro por motivos persoais.

O BNG das Mariñas quixo trasladar a súa gratitude ao seu anterior portavoz José Juan Rico Rodríguez polo seu traballo e dedicación durante os últimos anos coma portavoz municipal en Aranga.

José Manuel López Crespo, nacido na parroquia de Feás, manifestou que na súa nova labor de concelleiro espera ser útil para contribuir a mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas.

José Manuel López Crespo, nacido na parroquia de Feás, manifestou que na súa nova labor de concelleiro espera ser útil para contribuir a mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas.

“Espero que a miña presenza no Concello poida resultar útil para os veciños e veciñas de Aranga e dar traslado das preocupacións e necesidades da nosa veciñanza”, explicou José Manuel López Crespo. O novo concelleiro do BNG en Aranga púxose a disposición da veciñanza para trasladar ao Pleno do Concello as necesidades e preocupacións dos veciños e veciñas e continuar o traballo feito até o de agora polo BNG na localidade

Jose Manuel López Crespo é o novo concelleiro do BNG en Aranga