Celebramos o anuncio da próxima exhumación da fosa de Vilarraso

Imaxe da homenaxe do BNG de Aranga este verán na fosa común de Vilarraso
Imaxe da homenaxe do BNG de Aranga este verán na fosa común de Vilarraso

"Aplaudimos a xustiza dunha iniciativa que permitirá identificar e devolver os corpos ás familias. Memoria histórica e xustiza democrática deben ir da man”

Celebramos o anuncio da próxima exhumación da fosa de Vilarraso

Aranga, 14 de abril. No día en que se fai público o comezo das escavacións na fosa común de Vilarraso, no concello de Aranga, por parte da asociación de memoria histórica ARDF, desde o BNG celebran a nova do inicio das excavacións porque “permitirán a identificación de todas as vítimas (apenas o están 29 persoas) e darlles un enterro digno. O mesmo que un querería para si ou para a súa familia”, declaran desde o BNG.

“No BNG reivindicamos que memoria histórica e xustiza democrática vaian da man. Debémosllo a esas persoas que foron asasinadas por acreditar nun réxime de liberdades e que foron vítimas da represión franquista”, declara o responsábel local, Carlos Díaz.

Para a agrupación nacionalista, as escavacións permitirán identificar as persoas enterradas na fosa de Vilarraso e contribuirán á dignificación das vítimas, dando un consolo ás súas familias.

No BNG de Aranga móstranse convencidos de que iniciativas coma esta terían chegado antes se o PP non se tivese oposto a aprobación no Parlamento da Lei galega de memoria histórica, impulsada polo grupo do BNG. “Esta lei tería permitido non só o inicio das excavacións en Vilarraso, senón tamén ter brindado ás familias das vítimas recoñecemento e reparación moral, xurídica e económica”, afirma o portavoz nacionalista.

Desde o BNG recordan que a importancia de ter memoria histórica nun concello como Aranga, onde existe a maior fosa da Guerra Civil, “á que se engade outra fosa, máis pequena, na  parroquia aranguesa de Fervenzas, ou a próxima de Santamariña, no veciño concello de Guitiriz”, declara Díaz.

Celebramos o anuncio da próxima exhumación da fosa de Vilarraso