O BNG considera que o PP deixou de ser alternativa de goberno para a Aranga

“A crise do Partido Popular no concello de Aranga pon de manifesto que estamos ante un goberno municipal absolutamente esgotado. Nin o PP de Alberto Platas nin ningunha outra familia política do Partido Popular é xa unha alternativa de futuro na que poidan confiar os veciños e as veciñas de Aranga”,

O BNG considera que o PP deixou de ser alternativa de goberno para a Aranga

Aranga, 11 de Outubro de 2014. “A crise do Partido Popular no concello de Aranga pon de manifesto que estamos ante un goberno municipal absolutamente esgotado. Nin o PP de Alberto Platas nin ningunha outra familia política do Partido Popular é xa unha alternativa de futuro na que poidan confiar os veciños e as veciñas de Aranga”, segundo vén de manifestar o portavoz municipal do BNG neste concello,  Xosé Manuel López Crespo, tras coñecerse a fractura no seo do PP local e a demisión dunha concelleira e dun concelleiro do grupo municipal do goberno.

O BNG considera que detrás desta crise de goberno no concello de Aranga e da división interna do PP só hai unha fonda pelexa dentro do propio PP por controlar a alcaldía. O actual alcalde saíu elexido e gobernou durante todo o mandato cos votos das persoas que agora veñen de demitir, polo que non é creíbel que esteamos ante unha verdadeira preocupación polos problemas do municipio ou ante dúas formas distintas de gobernar.

Para o Bloque Nacionalista Galego é hora de pasar páxina, de abrir un novo ciclo político no concello de Aranga, cun goberno municipal que responda ás necesidades e aos problemas do conxunto dos veciños. “Nunca como agora estivo tan claro que hai que xubilar ao PP se queremos que Aranga teña outro futuro.

“A crise do Partido Popular no concello de Aranga pon de manifesto que estamos ante un goberno municipal absolutamente esgotado”

Mesmo por hixiene democrática. As veciñas e os veciños de Aranga merecemos outro goberno municipal e un proxecto de futuro para os próximos vinte anos que non pode vir xa da man do PP nin de ningunha das súas escisións”, remata dicindo o concelleiro do BNG.